Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Gz Nación / En Movemento, cuarto xornal con maior tirada de Galicia

Written By Virgulino on 1/2/09 | 13:03

Gz Nación / En Movemento é xa o cuarto xornal con maior tirada de Galiza, e consolídase como unha voz forte e independente dentro do panorama editorial do país. Os datos serán oficiais a partir do próximo mes, cando a OJD, o organismo que se encarga do control da difusión da prensa escrita, comece a auditoría da tirada do xornal. Os datos, en calquera caso, falan por si mesmos: Gz Nación / En Movemento distribúese xa por toda Galiza, e coa súa tirada de 52,000 exemplares sitúase por diante de cabeceiras históricas coma El Faro de Vigo ou El Progreso, de xornais gratuítos coma ADN e LV, e dos grandes medios estatais coma El Mundo ou El País.

Bastaron sete números para que o binomio entre Gz Nación e En Movemento acadase estes extraordinarios resultados. O proxecto editorial, coordinado por Renato Nuñez para Novidades En Movemento, nace a mediados do ano 2008. Unha publicación consolidada no ámbito da prensa online de calidade e en galego como Gz Nación decidía entón dar o salto á prensa impresa. Para iso, apostou por iniciar un proxecto conxunto con En Movemento, o xornal gratuíto de temática social de referencia en Galiza, que serve entre outras cousas para dar voz ó traballo do Movemento polos Dereitos Civís.

Apenas medio anos despois, a asociación constata con enorme satisfacción que existe en Galiza un público de lectores potenciais para iniciativas coma esta. Un público interesado por unha información sobre Galiza e en galego, unha información contrastada e independente, crítica co discurso oficial dos medios. Un público interesado tamén en coñecer e apoiar a loita pola defensa dos seus dereitos e liberdades. O Movemento polos Dereitos Civís quere aproveitar para agradecer a fidelidade dos seus lectores, para reafirmar o seu compromiso cun traballo constante polos dereitos dos galegos e para confirmar a súa vontade de continuar a difundir este traballo a través do que hoxe é xa o cuarto xornal do país.

9 comentarios:

Anonymous dijo...

"e dos grandes medios nacionais coma El Mundo ou El País."
Supoño que quererá dicir "estatais"...

andresrguez dijo...

Normal que teñen tirada se todas as semanas na facultade Bioloxía, hai como 100 exemplares. Así calquera fai tirada.

Anonymous dijo...

Podo pedilo no meu quiosko, ou é gratuito?

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

Ola andrés. agradecería que me comentara si os xornais se tiran, si se repoñen cada semana 100 pq se reparten.

pq si se tiran haberá que corrixilo.

Un saúdo.

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

nos quioscos só se reparten 1000 xornais. os outros 51000 son de sistribución gratuíta.

saúdos

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

Si hai algún lugar onde sobran xornais ou onde non hai e se gustaría recibir. agradecería que se nos informara.


saúdos.

Anonymous dijo...

Cometedes un grande erro que xa ven explícitamente sinalado no regulamento da OJD. Non podedes comparar, so pena de sanción da OJD cando entredes, as tiradas dos mensuais como a vosa con xornais diarios. Sería un erro de bulto, tal coma comparar resultados electorais de diferentes tipos de comicios. Vos pertenecdes aos mensuais, e non ás publicacións diarias, polo que esta comparativa que facedes está, a todas luces, errada de base.

Anonymous dijo...

non hai ningún error. búscase amosar que unha noticia ou publicidade que saia nun exemplar do GZnación EN MOVEMENTO será impresa en 52000 exemplares e posteriormente distribuída.

Algo que non pasa coa maioría das publicación que saen en Galiza

Este-viño dijo...

erro no texto:

non é o cuarto "xornal" se é de tirada "mensal". Será o cuarto "periódico", a cuarta "publicación"...

Xornal->periodicidade diária;
Mensal->que sae unha vez por mes.

Publicar un comentario