Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Rolda de prensa do Movemento para comunicar un novo golpe xudicial á video-vixilancia ilegal en Compostela

Written By Virgulino on 7/1/09 | 11:35

O voceiro do Movemento polos Dereitos Civís, Renato Nuñez, achegará mañá nunha rolda de prensa a celebrar no Clube Internacional de Prensa ás 11:00 h. as últimas novidades no caso das cámaras de vídeovixilancia ilegais situadas na zona vella de Santiago de Compostela. O Xulgado Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela acordou a execución provisional da sentenza que obriga ó Concello a retirar os dispositivos, rebaixando a caución solicitada polo goberno municipal de 600,000 a 3,000 euros. Renato Nuñez comunicará os pormenores do caso na rolda de prensa e valorará a repercusión desta fita histórica na defensa do dereito á intimidade dos cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario