Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Organizacións e redes sociais acusan á Embaixada israelí de sinalar coma obxectivo militar ó cooperante Alberto Arce

Written By Virgulino on 19/1/09 | 10:57

Expresamos a nosa enérxica repulsa pública e repudio moral ao embaixador israelí en España, Raphael Schutz, non só pola oficial representación diplomática que ostenta defendendo os crimes de lesa humanidade cometidos en Palestina, senón polas súas continuas declaracións nas que, á luz dos feitos bélicos, acusa e en consecuencia ameaza de morte ao cooperante e xornalista español Alberto Arce, ao sinalalo como activista en prol dunha parte contendente. Tal aseveración infame, non corrixida, conforme á sucesión de indicacións que culminan en asasinatos selectivos, constitúe claramente un chamado a matar ou atacar a unha persoa de comprobada integridade moral e profesional, testemuña de excepción, xa cercado e agredido xunto con outros observadores internacionais e persoal humanitario. Declarámoslle en consecuencia a Raphael Schutz persoa non grata.

Facemos responsable directo ao embaixador israelí Raphael Schutz, á delegación diplomática en Madrid e en xeral ao Estado de Israel, de calquera vulneración ou ataque ao cidadán español Alberto Arce, prodúzase agora, na súa saída de Gaza ou con posterioridade, do cal deberán responder ante a xustiza internacional.

O comunicado íntegro das asociacións e redes sociais aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario