Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia que Interior négase a informar sobre as investigacións dunha carga policial en Vigo

Written By Virgulino on 6/1/09 | 12:20

O Ministerio de Interior negouse de novo a facilitar ao Movemento polos Dereitos Civís información do estado da investigación sobre unha desproporcionada carga policial. Así, é imposible saber o resultado das investigacións internas chamadas a esclarecer a actuación da policía nunha manifestación en Vigo, a finais do 2007, en protesta polo arresto de varias persoas por inxurias ó Rei”. O MpDC denuncia deste xeito a negativa do departamento dirixido por Alfredo Pérez Rubalcaba de informar sobre os feitos acontecidos na cidade olívica en decembro de 2007.

En Gznación.com

0 comentarios:

Publicar un comentario