Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Avogado do Estado empéñase na defensa das cámaras ilegais do MARCO de Vigo e intenta desacreditar a lexitimación do MpDC

Written By Virgulino on 9/1/09 | 15:58

O Avogado do Estado segue empeñado en paralizar as iniciativas e investigacións que buscan determinar a adecuación á legalidade das cámaras de vídeo-vixilancia dispersas pola xeografía galega. Recentemente afirmaba falta de responsabilidade e de competencias da Administración, encargada da concesión das autorización dos dispositivos, na retirada dos mesmos. Agora a Avogacía do Estado insiste en obstaculizar as accións por vía xudicial do Movemento polos Dereitos Civís, aducindo unha suposta ausencia de lexitimación da asociación.


Así, no caso das cámaras instaladas irregularmente no MARCO de Vigo, o Avogado do Estado afirma que o Movemento non actúa pola “produción de prexuízos sobre os propios bens, senón na suposta afectación dos dereitos de todos os cidadáns en xeral”. Trátase no fondo dunhas fermosas verbas que o Movemento agradece, mais que non gardan relación algunha coa lexitimación da organización para solicitar a retirada das cámaras.

O MpDC dotouse nos seus estatutos co compromiso e o deber de defender os dereitos e liberdades dos cidadáns, e conta cunha lexitimación activa que garda relación cos dereitos fundamentais afectados pola colocación de cámaras ilegais. De feito, coa aceptación da práctica totalidade das demandas presentadas nestes casos polo MpDC, a Xustiza recoñece habitualmente e sen maiores problemas a lexitimación do Movemento.

En calquera caso, resulta xa habitual que as administracións empreguen como último argumento o recurso a unha suposta falta de lexitimación, tratando de xustificar a opacidade e as irregularidades no seu comportamento. As delegacións do Goberno, os concellos, a Avogacía do Estado, non só amosan un profundo desprezo polos procedementos e garantías legais que deben presidir a instalación dun dispositivo estremo como as cámaras de vixilancia, senón que tratan de obstaculizar a posteriori todas as denuncias e investigacións sobre as mesmas.

3 comentarios:

Anonymous dijo...

Non sei que pensaria dos direitos civis a indixente que foi queimada viva nun caixeiro automático.

As cámaras de video son un recurso máis contra todo tipo de delincuencia, diso non falades nada.

Anonymous dijo...

Non creo que a indixente pensara moito sobre isto pois morreu. as cámaras non serviron para evitar o seu asesinato.

No caso das cámaras do tren barcelona onde foi agredida a ecuatoriana, as cámaras só serviron para o goce e distrute do público pois o seu agresor foi condenado a unha pena irrisoria. como efecto colateral o cidadán que ía no mesmo tren e non actuou en defensa da xoven tivo que mudarse de vivenda pois os seus veciños recoñecerono nas gravación e o acusaron de pasividade.

E logo as persoas que non queren ser gravadas por elas saben ben como esconderse. Llo podemos preguntar aos gardas civís de roquetas que arrastraron fora do alcance das mesmas ao labrego que posteriormente mataron.

Nemigo dijo...

as cámaras de tv NON impiden a realización de actos delictivos. Eso é un feito
Lembrar tamén que apesares de haber milleiros de cámaras a súa utilidade é nula. No caso do 11M lembremos que non grabaron nin unha soa imaxe dos que puxeron os artefactos explosivos

Noutros casos isas cámaras empréganse pra expreitar aos cidadáns. Pra nada pra evitar delictos ou protexelos

Publicar un comentario