Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Novas probas das cámaras ilegais de Caixa Galicia

Written By Virgulino on 3/1/09 | 13:40

Tal e como denunciou unhas semanas atrás o Movemento polos Dereitos Civís, Caixa Galicia instalou cámaras de vídeo-vixilancia no exterior de varias das súas sucursais. Nas imaxes pódese observar como as cámaras de seguridade están colocadas na vía pública, polo que gravan necesariamente ás persoas que circulan pola mesma. O MpDC denunciou a ilegalidade aberrante destes dispositivos, e procederá a solicitar, con estas evidentes constatacións gráficas, a retirada inmediata das cámaras.
Cómpre recordar unha vez máis que unicamente as Forzas e Corpos de Seguridade poden colocar cámaras de vídeo-vixilancia na vía pública, previa solicitude dunha autorización e sempre que existan circunstancias de perigo que fagan imprescindible este recurso. A colocación de dispositivos de gravación na rúa por parte de particulares atenta gravemente contra os dereitos á intimidade e á propia imaxe das persoas, e ignora as garantías previstas pola Lei orgánica de Protección de Datos. O Movemento polos Dereitos Civís considera fundamental que a Administración e a Xustiza tomen medidas urxentes, impedindo que entidades privadas se coloquen a si mesmas por enriba da lei, co conseguinte dano dos dereitos fundamentais dos cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario