Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Os usuarios das bicicletas públicas en Compostela poderían estar sendo gravados de xeito ilegal

Written By Virgulino on 9/12/08 | 13:37

O Movemento polos Dereitos Civís constatou nos últimos días, a raíz de varias queixas remitidas á asociación, a presencia de videocámaras instaladas nos distintos puntos de préstamos de bicicletas do concello de Santiago.
Dado que as cámaras están a gravar espazos públicos, requiren dunha autorización para a súa posta en funcionamento, precedida dun informe favorable da Comisión de Garantías. O Movemento vai presentar dous escritos perante o Concello e a Delegación, coa intención de asegurarse de que existe unha autorización para o uso da vídeo-vixilancia e de que non se están a lesionar os dereitos á intimidade e á propia imaxe dos cidadáns.

En Xornalgalicia.com

0 comentarios:

Publicar un comentario