Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Dereito á Apostasía

Written By Virgulino on 13/12/08 | 10:34

Dr. Pepe Rodríguez, Doctor por la Universidad de Barcelona (Facultad de Psicología). Profesor de Periodismo de Investigación

A Igrexa católica, dende o inicio da loita polo dereito á apostasía, afirma que os libros de bautismos non son un rexistro de católicos e que non presupoñen nada. Este foi o criterio adoptado tamén nun principio pola Axencia Española de Protección de Datos, mais tal afirmación é unha basta mentira.O bautizo non é un mero feito histórico que non prexulga nada, pois o sacramento converte automaticamente á persoa nun membro da propia Igrexa. O Catecismo promúlgao en moitos puntos e o Código de Dereito Canónico, no seu Título I, “Das obrigas e dereitos de todos os fieis”, enumera as obrigas de todo bautizado. O bautismo converte en membro dunha organización con dereitos e deberes, e un segue sendo membro da Igrexa católica tanto se practica esa fe coma se non.




Para deixar de ser católico, a propia normativa da Igrexa obriga a renunciar expresamente ao bautismo a través da apostasía. Ademáis, nunha sociedade democrática e laica, é un dereito constitucional incuestionable, avalado e protexido pola lexislación que se ocupa do dereito á propia imaxe e da protección e veracidade dos datos. A Lei Orgánica de Protección de Datos obriga a que os datos persoais que figuran en ficheiros sexan exactos e a permitir o acceso e rectificación por parte dos afectados. Da redacción desta lei establécese que un libro de bautizos constitúe un ficheiro non automatizado e, por tanto, suxeito á Lei.

A aplicación da LOPD

Neste mesmo sentido pronunciouse a Audiencia Nacional, ó afirmar que “os Libros de Bautismo (...) na medida en que recollen datos de carácter persoal (...) con arranxo a criterios preestablecidos que permiten o seu tratamento, teñen a consideración de ficheiros e están suxeitos, en canto talles, á lexislación en materia de protección de datos”. Así, nunha sentenza de outubro do 2007, conclúe que “os asentos rexistrais do Libro de Bautismo constitúen, polo menos, unha aparencia de pertenza á igrexa católica, polo que é lexítimo que quen se sinta inquietado polo contido de devandito asento, no lexítimo exercicio da súa liberdade de conciencia, queira que dalgún xeito se deixe constancia da súa oposición a ser considerado como membro da mesma”. Estes datos inexactos e lesivos para a imaxe do non crente, poden e deben ser cancelados por rectificación, engadindo á fe de bautismo a fe de apostasía.

Poderáse discutir se a LOPD constitúe un abuso lexislativo en moitos dos seus aspectos, pero hoxe é unha lei vixente, e a súa normativa é clara e contundente: os libros de bautizos son ficheiros sometidos á LOPD que poden ser cancelados por acceso e rectificación dos afectados. Esta é a única vía legal para forzar á Igrexa a dar curso a un dereito constitucional, un dereito que ten que canalizarse a través da LOPD por mera covardía lexislativa dos partidos políticos, que non se atreven a obrigar á Igrexa a que se adapte ao marco constitucional e democrático.

É anecdótico deterse a discutir os tecnicismos xurídicos, facilmente rebatibles, polos que unha sentenza do Tribunal Supremo argumenta que os libros de bautismo non son ficheiros conforme á LOPD, e igualmente anecdótico sería ocuparse da oposición a tal sentenza por parte da AEPD: non deben preocuparnos nin uns nin outros cos seus floreos xurídicos. O que si debe inquietarnos, e moito, é ter un Estado covarde ante os privilexios medievais da Igrexa, estar nas mans dun poder lexislativo que non se atreve a asegurar dereitos constitucionais dos cidadáns cando facelo pode enfrontarlles á obispada.

Unha ficción moi rentable
Os libros de bautismo menten ao afirmar que son membros da Igrexa millóns de bautizados que non se sinten católicos, nin sequera crentes. É un deber, privado e público, que esa falacia sexa corrixida, e un dereito constitucional que o cidadán poida obrigar á Igrexa, como a calquera outra institución, a que manteña datos persoais exactos sobre a súa situación actual, xa sexa como membro (bautizado) ou como desasociado (apóstata). Ese dereito debería poder exercitarse a través dunha regulación específica, clara, simple, rápida, gratuíta e de obrigado cumprimento.

É inaceptable que os cidadáns teñan que acudir aos tribunais para poder exercer un dereito constitucional que a covardía lexislativa e que a prepotencia de moitos prelados lles negan. Manter a imaxe dun tamaño irreal, permítelle á Igrexa administrar unha influencia, un prestixio e un financiamento que está moi lonxe de merecerse actualmente. E a Igrexa sabe ben que as ficcións permiten negocios inmellorables.

0 comentarios:

Publicar un comentario