Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Espiral de silencio ante os voos da CIA en España

Written By Virgulino on 16/12/08 | 9:58

Se se celebrase o próximo 12 de agosto o 50º aniversario da promulgación dos Catro Convenios de Xenebra, seguramente os máximos dirixentes políticos volverían facer eloxios á democracia, ao dereito humanitario internacional e ao respecto dos prisioneiros que estas consagran. E faríano seguramente con sinceridade, sen sentir nin por un momento que a defensa desas importantes conquistas da humanidade é contraditoria con manter unha actitude cómplice coa guerra sucia de Estados Unidos, nin cos dereitos conculcados aos prisioneiros clandestinos transportados neses avións que pasaron por España. En definitiva, ser cómplices co terrorismo de Estado estadounidense aplicado fóra das súas fronteiras.

Ata hoxe tanto o PSOE como o PP mantiveran un pacto de silencio sobre un tema tan embarazoso como ese e, todo apunta a que ambos intenten evitar que o tema se *descontrole, a pesar do seu duro cruzamento de acusacións.

Un completo informe sobre os voos da CIA en territorio estatal en rebelion.org

0 comentarios:

Publicar un comentario