Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

CONCENTRACIÓN EN VIGO

Written By Virgulino on 30/12/08 | 22:29

Gaza: Deteñamos o exterminio do pobo palestino!

Venres 2 de xaneiro, ás 20:00hdiante do MARCO (R/ do Príncipe)

Fronte aos bombardeos cos que o exercito de Israel provocou, polo momento, a morte de 360 palestinos e máis de 1600 feridos, así como a destrución de infraestruturas civís, e coa ameaza presente dunha invasión
militar terrestre do territorio palestino de Gaza, diversas organizacións sociais, sindicais, políticas, estudantís, veciñais, feministas e ecoloxistas CONVOCAMOS a toda a cidadanía de Vigo e bisbarra a unha concentración fronte ao MARCO, o vindeiro venres 2 de xaneiro a partires das 20h.

Para esixir a fin inmediata deste masacre coa que Israel tan só pretende o exterminio do pobo palestino, así como para reclamar o cumprimento das resolucións emitidas polas Nacións Unidas a respecto da cuestión palestina. Solicitamos así mesmo sancións internacionais contra do estado de Israel, polo seu reiterado incumprimento dos mandatos da ONU, e tendo en conta que os bombardeos contra obxectivos civís, están tipificados como crimes de guerra pola IV Convención de Xenebra.

CONVOCAN:

  • Asociación Galiza por Palestina.
  • Galiza Nova
  • Comités (CAE+CAF)
  • Confederación Intersindical Galega (CIG)
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG)
  • Marcha Mundial das Mulleres
  • Federación de Asociación Veciñais “Eduardo Chao”
  • Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  • Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)
  • Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

0 comentarios:

Publicar un comentario