Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Unión Fenosa deixa toda a noite sen luz e calefacción a cincuenta familias en A Ramallosa

Written By Virgulino on 13/11/08 | 14:01

Os veciños da urbanización de A Ramallosa, en Teo, tiveron que sufrir a pasada madrugada un máis dos continuos problemas de subministro de servizos básicos nas súas vivendas. A urbanización, que pese a levar habitada máis dun ano carece aínda da licencia de primeira ocupación, sufriu un corte de luz que se prolongou durante toda a noite, deixando ás familias sen calefacción, sen auga quente e sen electricidade. A avaría na rede eléctrica produciuse supostamente a raíz da instalación dos novos contadores por parte de Unión Fenosa, medida levada a cabo na mañá de onte e que en principio significaba unha solución ós problemas de abastecemento eléctrico das diversas vivendas, que ata o de agora funcionaban con luz de obra.
Ante o corte do subministro, os veciños contactaron co servizo de atención ó cliente da compañía eléctrica. Sen embargo, Unión Fenosa desentendeuse do problema, aducindo que a pesar de que os contadores foran xa colocados e se iniciara co subministro de luz, os veciños non firmaran aínda os contratos e a compañía non tiña a obriga de atender a súa reclamación ou de facilitar unha solución ó problema. Cómpre precisar que foi a mesma compañía a que invitou ós veciños a pasar a firmar os contratos nos próximos días e en función da súa dispoñibilidade de tempo, o cal naturalmente non eximía á Unión Fenosa da súa obriga de garantir o funcionamento da instalación nin lexitimaba a súa decisión de deixar toda unha noite a cincuenta familias en condicións extremadamente precarias, sen calefacción, luz nin auga quente.

Un punto que preocupa moi especialmente ó Movemento polos Dereitos Civís é a negativa da empresa a facilitar ós veciños o acceso ás gravacións das conversas co servizo de atención ó cliente da compañía. Os veciños, coñecida a negativa de Fenosa a solucionar o problema, solicitaron o acceso a ditas gravacións coa intención de dispoñer dunha proba do seu intento de contactar coa empresa e da negativa recibida. A Lei de Protección de Datos recolle o dereito de acceder ás informacións contidas nun arquivo de datos sobre un mesmo, e de recibir comunicacións sobre o contido de dito arquivo. A vulneración deste dereito únese á intolerable actitude adoptada cos veciños da urbanización, que valoraban a instalación dos contadores como un principio de solución para os problemas que veñen arrastrando dende hai máis dun ano.

2 comentarios:

Anonymous dijo...

E agora cobra o que lle sale dos collóns.

Anonymous dijo...

Union Fenosa FASCISTAS!!! POLÍTICOS CHUPAPIROLAS DAS EMPRESAS!!!!!

Publicar un comentario