Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Sorpresa e indignación perante a noticia, difundida onte, do arquivo e sobreseimento das denuncias contra Construcuatro

Written By Virgulino on 27/11/08 | 10:36

Segundo parece, o Xulgado de Instrución Número Dous de Vigo non considera particularmente grave que a empresa Construcuatro, da que é socio o presidente do PP en Pontevedra, Telmo Martín, cobrase cantidades adicionais en “negro” ós veciños, en contra lóxicamante da vontade destes.

O Movemento polos Dereitos Civís acolle con sorpresa e indignación a noticia, difundida onte, do arquivo e sobreseimento das denuncias contra Construcuatro polo cobro de sobreprezos en vivendas de protección oficial. O auto foi emitido fai unha semana e comunicado onte os máis de trinta afectados, compradores dalgún dos pisos protexidos no barrio vigués de Navia. O feito de que a constructora saia indemne do proceso a pesar das máis que probadas irregularidades e ilegalidades cometidas non fai senón incidir na sensación de desconfianza cara a Xustiza existente na cidadanía, tal e como reflexaba xa a última enquisa do MpDC.

En xornalgalicia.com

0 comentarios:

Publicar un comentario