Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Obama comprométese a un EEUU sen Guantánamo e fóra de Irak

Written By Virgulino on 18/11/08 | 10:10

(...) Faise eco deste xeito Obama dunha das críticas máis recorrentes ó actual inquilino da Casa Branca, George Bush, ó que se lle acusa de ter mancado a reputación estadounidense cos seus métodos de guerra contra o terrorismo. Guantánamo e o seu discutido e discutible status legal, Abu Graib e as torturas, os cárceres e os voos secretos da CIA, a impúdica forma coa que esta administración cualifica de técnicas ampliadas de interrogatorio o que – coma no caso da simulación de afogo- é considerado universalmente tortura. Todo isto contribuíu a que EEUU sexa considerado en moitas partes coma un país no que o fin xustifica todos os medios, aínda que sexan vergonzosos.

Por iso Obama no quere deixar ningún espazo á ambigüidade. (...) “EEUU non tortura e asegurareime de que non torturamos”, dixo o presidente electo, que amosouse igual de contundente ó anunciar que pechará Guantánamo (aínda que os primeiros borradores do seu equipo de como facelo non convencen ás organizacións de dereitos humanos) e que elaborará un plan de retirada de Irak.

En elperiódico.com

0 comentarios:

Publicar un comentario