Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor e o Ararteko investigan os envíos de menores inmigrantes

Written By Virgulino on 12/11/08 | 12:29

Ás investigacións abertas pola Policía Autonómica e a Fiscalía en torno ó caso dos mozos inmigrantes enviados dende o País Vasco a Galicia cun billete de autobús ou tren engádeselles agora unha queixa de oficio do valedor do pobo, Benigno López, que estará coordinada con outra iniciativa similar do chamado Ararteko, o Defensor del Pueblo do País Vasco. O alto comisionado do Parlamento Galego decidiu dar este paso a raíz das ifromacións publicadas por La Voz e xa lle reclamou ó vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que emita un informe ó respecto.

En lavoz.es

0 comentarios:

Publicar un comentario