Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O inferno, en celas de medio metro cuadrado

Written By Virgulino on 18/11/08 | 12:45

“Un osario de mortos viventes”. Poucos recordaban esta descrición que o preso político saharauí Ali Salem Tamek fixo no 2002 da sinistra prisión de Inezgane, cerca da sureña Agadir. Agora, unha carta asinada por outros catro presos de conciencia. Brahim Bara, Zarakia Rifi, Hassan Agharbi y Mohamed Ouahadani, no cárcere tras as manifestacións do mes de Xuño na cidade de Sidi Ifni, esbozaron un retrato de celas de 48 metros cadrados nas que viven e dormen sentados 86 reos, coas pernas constantemente encollidas. Así transcorren para elles 20 das 24 horas do día, cando non toda a xornada, pois a fin de semana os internos non saen ó patio.

En publico.es

0 comentarios:

Publicar un comentario