Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Comité de Dereitos Humanos da ONU cre que España non ofrece tódalas garantías procesuais a algúns dos detidos por terrorismo e ínstaa a considerar a

Written By Virgulino on 1/11/08 | 16:15

O Comité de Dereitos Humanos da ONU cre que España non ofrece tódalas garantías procesuais a algúns dos detidos por terrorismo e ínstaa a considerar a derrogación da Lei de Amnistía de 1977. Tamén pide que se prevea a creación dunha comisión independente encargada de restablecer a verdade histórica sobre as violacións de dereitos humanos durante a Guerra Civil. Estas son as principais conclusións emitidas este venres polo órgano de expertos independentes que supervisa a aplicación do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos por cada Estado, e que a semana pasada analizou o informe presentado por España.

En público.es

0 comentarios:

Publicar un comentario