Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Audiencia Nacional condena a 4 anos e 9 meses a Ugio Caamanho e a 3 anos a Giana Gomes

Written By Virgulino on 11/11/08 | 22:49

A Audiencia Nacional condena a 4 anos e 9 meses de prisión a Ugio Caamanho, e a 3 anos a Giana Gomes, dous presos independentistas que foron xulgados a semana pasada en Madrid por colocar un artefacto explosivo nunha sucursal de Caixa Galicia en Compostela o 23 de xullo de 2005, segundo informou a Gznacion o responsábel nacional de Ceivar, Joam Peres.

(...) Ante esta nova, o Movemento polos Dereitos Civís reiterar a súa denuncia de que “a aplicación arbitraria e a duración desproporcionada dun recurso puntual coma a prisión preventiva está a vulnerar de maneira flagrante os dereitos e liberdades máis básicos dos cidadáns”, xa que Giana Gomes pasou no cárcer máis tempo que vai ordenar a sentenza.

En Gznación.com

0 comentarios:

Publicar un comentario