Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O concello de Vigo veta a entrada de cidadáns a unha sesión plenaria

Written By Virgulino on 27/10/08 | 20:51

O concello de Vigo prohibiu hoxe de maneira preventiva e incumprindo coa lexislación vixente, o acceso de varios dos afectados pola depuradora de Lagares a unha sesión plenaria da corporación. Diante destes feitos, o Movemento polos Dereitos Civís vése recorda que a lei protexe o dereito de calquera cidadán a asistir a un pleno municipal, no respecto do principio de publicidade. Só en casos extremos o alcalde podería expulsar aos cidadáns que perturbasen as sesións, mais en ningún caso restrinxir a publicidade das mesmas de xeito preventivo ou baseándose en suposicións, prexuízos e moito menos en “listas negras”.

en GZnacion. Avanzando as noticias

0 comentarios:

Publicar un comentario