Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O concello de Vigo veta a entrada de cidadáns a unha sesión plenaria

Written By Virgulino on 27/10/08 | 11:42

O concello de Vigo, incumprindo coa lexislación vixente, prohibiu de maneira preventiva o acceso dalgúns dos afectados pola depuradora de Lagares a unha sesión plenaria da corporación. Loli Pazó, representante dos veciños, denunciou a existencia dunha lista negra na que constaban os nomes dos cidadáns que participaran nunha concentración anterior, ós que non se lles permitiu a asistencia a unha sesión aberta ó público. (...) Diante destes feitos, o Movemento polos Dereitos Civís vése na obriga de recordar que a lei protexe o dereito de calquera cidadán a asistir a un pleno municipal, no respecto do principio de publicidade.

En xornaldegalicia.com

0 comentarios:

Publicar un comentario