Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Fredi Bea contradícese nas súas afirmacións sobre as cámaras da Festa do Marisco 2007

Written By Virgulino on 19/10/08 | 22:49

O responsable de Seguridade Cidadá do Grove, Alfredo Bea, contradeciu as súas propias afirmacións sobre a vídeovixilancia na Festa do Marisco do pasado ano. O edil asegurou á Axencia española de Protección de Datos que os dispositivos tan só enfocaban e tomaban imaxes do interior dos almacéns da carpa, de xeito que, segundo o concelleiro, resultou imposible vulnerar os dereitos das persoas que asistiron á festa, xa que o acceso a este espazo estaba prohibido. Non obstante, nas últimas semanas saía nos medios de comunicación indicando que a inicitiva “deu moi bos resultados, xa que non tivemos nin un só incidente por roubos de carteiras ou en vehículos”, o que contradí a afirmación de que só había cámaras nos almacéns.

O Movemento polos Dereitos Civís denunciara no seu día a instalación ilegal das cámaras na carpa onde se desenvolvía o evento gastronómico, para as que o Concello non contaba con autorización nin tampouco procedera a sinalización das mesmas. Este ano, ao parecer, os responsables locais decidiron respectar a lexislación e utilizar métodos máis tradicionais para evitar que se produciran roubos: control por parte de policias e protección civil. E, evidentemente, o resultado resultou tan satisfactorio como o conseguido polas cámaras de vídeovixilancia.

Resposta do Valedor

Por outra banda, o Movemento polos Dereitos Civís aínda está a espera de que o Valedor do Pobo dea conta do infome que demandou en xuño pasado ao goberno grovense sobre a instalación das cámaras de vídeovixilancia. A institución indicara que ía demandar máis información sobre o asunto ao Concello, aínda que polo momento non se teñen novas ao respecto.

0 comentarios:

Publicar un comentario