A axencia recoñece que a entidade herculina estivo recollendo información de carácter persoal a través das videocámaras sen ter inscrito uno ficheiro no Rexistro Xeral
A Axencia española de Protección de Datos vén de comunicar que o Concello da Coruña vulnerou a Lei Orgánica de Protección de Datos, xa que procedeu a crear un ficheiro de titulariedade pública e iniciou a recollida de datos de carácter persoal antes de incribir o ficheiro no Rexistro Xeral da Axencia. Esta conducta, segundo se destaca dende a AEPD, supón a vulneración do artigo 20 d LOPD e está tipificada como unha infracción leve. Por esta razón, o instructor do procedemento propuxo ao director do organismo que dicte resolución pola que declare “que o Concello da Coruña incumpriu lo disposto no artigo 20 da LOPD”.
A proposta de resolución chega a raíz de varias denuncias presentadas polo MpDC contra o Concello por non incumprir as garantías en materia de protección de datos. Segundo se explica dende a Axencia, a entidade herculina estivo recollendo datos de carácter persoal a través das vídeocámaras instaladas en diversos puntos da cidade sen ter inscrito o ficheiro correspondente na AEPD, unha condición obrigatoria pola lexislación actual. Así mesmo, aclara que a Axencia rexeitara a solicitude de formalización do ficheiro trasladada pola entidade local por non cumprir os requisitos esixidos na LOPD, o que non implicou por parte do Concello que cesara na recollida datos procedentes dos dispositivos de vídeovixilancia.
No informe elaborado pola AEPD indícase que quedou demostrado que, “ao menos dende o 14 de xuño de 2006 (...) o Concello da Coruña utilizou o ficheiro de datos de carácter persoal denominado “Vídeo-cámaras Policía Local” sen que dito ficheiro estivera inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos ata o día 25 de agosto de 2008” . Pola súa banda, o goberno herculino pretendía xustificar a súa actuación alegando que se tratou dunha “irregularidade de carácter meramente formal” e busca evitar a sanción aducindo que dende o 25 de agosto (data na que se creou o ficheiro na AEPD) xa quedou subsanado a “deficiencia que motivou o inicio do expediente sancionador”. Un argumento que expresa ás claras o pouco interese mostrado polo Concello en cumprir cos requisitos esixidos pola lei en materia de protección de datos e da desidia mostrada á hora de establecer unhas garantías mínimas na utilización das cámaras de vídeovixilancia.
A AEPD propón unha sanción contra o Concello da Coruña por vulnerar a Lei de Protección de Datos
Written By Virgulino on 10/10/08 | 13:22
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario