Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

"É preciso tomar medidas para compatibilizar as novas tecnoloxías coa protección dos dereitos"

Written By Virgulino on 20/7/08 | 9:00

Entrevista con Xosé Manuel Pérez Bouza,
senador polo BNG

MpDC: Recentemente vostede presentou unha pregunta ao Senado sobre o funcionamento da AEPD, ou mellor dito, do seu mal funcionamento. Cales son as medidas máis urxentes que debe tomar o Goberno estatal para mellorar os servizos da Axencia?
X.M. Pérez Bouza: Todo parece indicar que o atraso que sufre o estudio das denuncias presentadas polos cidadáns se debe a escaseza de recursos humanos cos que conta AEPD, polo tanto a primeira medida que debería tomar o Goberno sería aumentar o número de traballadores.

MpDC: Ten pensado Vicepresidencia da Xunta tomar medidas a respeto da “facilitación” de datos sensibles dos seus servizos por parte da Axencia a terceiras persoas?
X.M.P.B.: Ben, isto tería que respostalo algún responsable de Vicepresidencia da Xunta de Galiza, en calqueira caso tódalas adaministricións ten a obriga de velar por que os datos confidenciais dos seus administrados non se filtren ou pasen a mans de terceiras persoas.

MpDC: Resolvería as demoras a creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos? Non entraría en conflito coas competencias do organismo estatal?
X.M.P.B.: O BNG como forza nacionalista, sempre defende que Galiza, alcance as maiores cotas de autogoberno, polo tanto estamos a favor de que o Estado autorice a creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos, que tramite e resolva todas as cuestions relacionadas con este tema que se den en Galiza.

MpDC: Na súa memoria anual a Axencia explica que no 2007 o número de denuncias relacionadas coa videovilancia se incrementou nun 400%, aoo tempo que insta á Administración a adopatar “estratexias locais” para adecuar a instalacións de cámaras de tráfico á normativa de protección de datos. Dereitos Civís ten denunciados en numerosas ocasións cámaras ilegais, aínda que a AEPD evita na maioría dos casos iniciar investigacións.
X.M.P.B.: De que sirve un organismo que non cumpre co seu cometido? Polo que se ve de pouco. Xa que o atraso que sufren as tramitacións das denuncias, ate 23 meses, fai que seguramente en moitas ocasións se poidan estar vulnerando dereitos dos cidadáns sen que por parte da AEPD se actúe coa dilixencia que debe facelo calquera organismo público, pero maís aínda neste caso que estamos falando de cuestións relacionadas coa intimidade das persoas.

MpDC: Cre que sería necesario reforzar a lexislación en materia de protección de datos para evitar violacións de dereitos fundamentais orixinados polo uso indebido das novas tecnoloxías?
X.M.P.B.: Eu sempre estarei a favor de medidas que contribúan a evitar a violación de dereitos fundamentais, como é o caso do dereito a intimidade, polo tanto e preciso que por parte dos poder lexislativo se tomen as medidas adecuadas para poder compatibilizar a utilidade das novas tecnóloxías a hora de previr delitos, coa necesaria protección dos dereitos dos cidadáns.

MpDC: A merma dos dereitos do é un proceso xeralizado en toda Europa, velaí o caso das 65 horas laborais, que botaría por terra todos os avances en materia de negociación colectiva ou as recente reforma do goberno británico, que legaliza a retención de cidadáns sen cargos ata 42 días. A que pensa que responden medidas tan agresivas contra as liberdades e os dereitos cívicos?
X.M.P.B: Ámbalas dúas parecenme medidas rexeitables. En canto a posibilidade de aumentar ate as 65 horas a xornada máxima de traballo na UE, o BNG xa ten manifestado o seu rexeitamento, e eu mesmo teño presentado unha iniciativa no Senado nese senso. Penso que vai en contra do pouco que se ten avanzado en algo que parece que todos estamos de acordo, como é conciliar a vida laboral e familiar. Polo que respecte a posibilidade de reter durante 42 días a un cidadán sen cargos aprobada polo goberno brítanico, pareceme absolutamente desproporcionada e impropia dun goberno democrático e que incluso pode atentar contra os dereitos humanos.

MpDC: De que isntrumentos poderían botar man os cidadáns galegos para reivindicar os seus dereitos, se agora ata se comeza a sancionar a súa participación nas mobilizacións sociais?
X.M.P.B.: Os cidadáns galegos como cidadáns que viven nunha sociedade libre, deben organizarse e mobilizarse pacifícamente, para defender o respecto a calqueira dereito, se perciben que se lle está vulnerando por parte dalgunha administración.

0 comentarios:

Publicar un comentario