Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Santiago négase a entregar un informe policial ao Defensor del Pueblo

Written By Virgulino on 2/7/08 | 15:12

A institución reclamou, por segunda vez e con carácter de urxencia a remisión dunha información para esclarecer os feitos ocorridos o 25 xullo de 2006

O Defensor del Pueblo dirixiuse por segunda vez ao Concello de Santiago para demandar a remisión urxente dun informe, logo de que a administración local teña demorado durante máis de sete meses a contestación a unha queixa tramitada polo Movemento polos Dereitos Civís a través do Defensor. A administración local ampárase na escusa de que no seu rexistro non consta a entrada da solicitude de información presentada polo MpDC sobre unha actuación da Policía Local durante a madrugada do 25 de xullo de 2006.

A alcaldía vén dilatando o proceso dentro da súa ben coñecida actitude escurantista e limitadora dos dereitos que asisten aos cidadáns nas súas relacións coa administración. Neste senso, hai que lembrar que o Concello de Santiago xa ten unha sentencia en contra que o obriga a entregarlle a un veciño todos os arquivos que obren no seu poder referidos a dita persoa, e cuxa existencia negou mesmo diante da Xustiza.

Dereitos Civís reclama ao Defensor que teña en conta a postura entorpecedora do alcalde compostelán e volva incluír o Concello na lista de entidades hostís e entorpecedoras. Así mesmo, esixe ao rexedor que abandone a súa conduta

Feitos aínda sen esclarecer

En novembro de 2006, o Movemento polos Dereitos Civís dirixiuse ao Concello para solicitar unha investigación dos feitos acontecidos na madrugada do 25 de xullo dese mesmo, xa que se producira unha actuación policial desproporcionada, e despois de que a Delegación ignorase o dereito de Petición que asiste a asociación. O MpDC tamén reclamaba unha investigación sobre o paradoiro dos informes policiais que deberían existir de calquera actuación das Forzas de Seguridade, e dos que a súa existencia fora negada sistematicamente.

Dende o Concello contestouse ao Defensor que non existía ningún expediente de solicitude de información no rexistro da administración local, cando a asociación tiña a copia do documento con data de entrada no rexistro

0 comentarios:

Publicar un comentario