Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

GZnación-En Movemento xa está na rúa, e agora tamén, nos quioscos

Written By Virgulino on 9/7/08 | 17:39

En Movemento inicia unha nova andaina, agora nun proxecto editorial conxunto con GZnación, que tamén acaba de sacar á rúa a súa primeira edición en papel. Como vén sendo habitual, o xornal distribúese por gran parte dos Concellos galegos de xeito gratuíto a través dos colaboradores do Movemento polos Dereitos Civís.

A partir deste mes, ademais, naquelas vilas onde aínda non se repartía, os interesados en coñecer as novas sobre a situación dos dereitos na Galiza, poderán atopar o xornal nos quioscos ao simbólico prezo de 1 euro.

E para os que prefiran os formatos electrónicos, xa poden descarregar, dende esta mesma páxina, o número de xullo en formato pdf.

0 comentarios:

Publicar un comentario