Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís rexeita a actitude dos axentes que identificaron e rexistraron a un grupo de persoas por “pegar carteis” na rúa

Written By Virgulino on 22/7/08 | 12:23

O Movemento polos Dereitos Civís quere trasladar o seu rexeitamento pola actitude que varios membros dos Corpos e Forzas de Seguridade mantiveron o pasado domingo cun grupo de mozos de Causa Galiza que pegaban uns cartaces en varios puntos da cidade da Coruña. Os axentes, que ían vestidos de paisano, retiveron, identificaron e levaron a cabo un rexistro persoal dos mozos durante uns trinta minutos, nos que tamén foron interrogados sobre a súa militancia política e sindical e mesmo chegaron a ameazalos con proceder ao rexistro do automóbil no que se desprazaban. Segundo relataron os afectados, os policías afirmaron que a identificación e o rexistro se estaba a efectuar porque “claro, ides por aí colando cartaces independentistas”.

A actitude dos axentes vai na contra do correcto proceder a seguir polos Corpos e Forzas de Seguranza do Estado, xa que ignoraron por completo a presunción de inocencia dos mozos, posto que non existía ningunha razón legal (no ehabía indicios de que se estivese a cometer ningún delito) para proceder á identificación, menos aínda cando o motivo da retención se debe á “pega de cartaces”. A actuación dos axentes evidencia unha total falta de respecto polos dereitos e as liberdades dos cidadáns, que poderían acudir á xustiza e denunciar aos policías por retención ilegal.

Así mesmo, os mozos retidos tamén sinalaron que foron interrogados sobre a súa militancia política e sindical e que os axentes lles referiron unha serie de datos de carecer persoal que evidenciaban un seguimento destas persoas. Cabe recordar que creación de ficheiros policiais con datos de persoas ás que non se lle imputa ningún delito é una práctica que cuestiona os principios nos que se asenta o Estado de Dereito.

Dereitos Civís quere mostrar a súa preocupación polo exceso de celo policial que se vive en Galiza cada ano durante o mes de xullo, con motivo da celebración do día da Patria e que non se corresponde co existencia de ningún risco real que ameace a orde pública.

1 comentarios:

Nemigo dijo...

ves, ves... iso lles pasa por pegar carteis "independentistas" se fosen das jons ou puxesen "viva españa, arriba españa" non lles pasarían isas cousas

Publicar un comentario