Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís denuncia a cámara de videovixilancia instalada polo Concello de Oleiros para controlar a escultura do Che

Written By Virgulino on 10/7/08 | 11:23

O Movemento polos Dereitos Civís vai denunciar ante a Delegación do Goberno e a Axencia española de Proteccións de Datos a existencia dunha cámara ilegal de videovixilancia nunha vía pública de Oleiros. O dispositivo foi instalado sen contar coa autorización da Delegación, tal e como se afirmou dende o organismo, nin tampouco se procedeu á obrigatoria inscrición da cámara no rexistro xeral da AEPD.

Hai que lembrar que a cámara instalada polo Concello, por apuntar á vía pública, está sometida a Lei 4/97 de videovixilancia. Isto implica que o dispositivo debe ser instalado e xestionado por Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e, en ningún caso por outros funcionarios municipais ou persoal de empresas privadas. Así mesmo, para a súa instalación, se fai necesario contar previamente co informe favorable da Comisión de Garantías (que o Concello non ten), e coa autorización expresa da Delegación do Goberno. Estas dúas medidas supoñen o respecto pola legalidade vixente e un mínimo de garantías xurídicas para os dereitos á intimidade, honra e propia imaxe recollidos na Constitución española.

A inscrición no rexistro xeral da AEPD (que é de carácter público) faise necesario por canto é indispensable para que as persoas que foron rexistradas pola cámara poidan exercer o seu dereito de oposición, acceso, rectificación ou cancelación, dereitos fundamentais recollidos na Constitución e na lexislación referente á Protección de Datos.

Ineficacia

Por outra banda, como vén sendo habitual, as cámaras xa mostraron a súa ineficacia poucos días despois da súa posta en funcionamento. Os dispositivos amosáronse inútiles para disuadir ás persoas que teñen a vontade de atentar contra a escultura, e tampouco axudarán identificación dos mesmos.

Por todas estas razóns, Dereitos Civís agarda que desta vez a Delegación cumpra coa lexislación vixente e obrigue ao Concello a retirar a cámara ata que consiga a autorización correspondente.

De igual xeito, o MpDC quere facer unha chamada de atención ao organismo dirixido por Manuel Ameijeiras, que non tivo problemas para contestar ás preguntas dos medios de comunicación sobre os permisos da cámara, mentres que tarda meses en contestar a Dereitos Civís e, incluso chegou a afirmar nun escrito que non pode facilitar un listado de concellos galegos con videovixilancia porque é información privada.

5 comentarios:

Nemigo dijo...

lembrar tamen que ao ser isa cámara ilegal, carecer de calquera permiso, as súas gravacións NON teñen validez legal algunha. Non serven en xuzgado ningún

Continuando neste caso dicir que o alcalde fala de DETER a autores de actos vandálicos. Lembremos que non se pode DETER a ninguén.Unha pintada sería unha falta, non un delito

Imaxes da cámara (que non é unha senón dúas xuntas.) Unha diurna e outra noctura

http://www.flickr.com/photos/nosbotan/2616254789/

(para máis información da desfeita->)
Nemigo
santi101a@hotmail.com

Anonymous dijo...

Parece increíble que una administración pública de la democracia se encuentre permanentemente instalada en la comisión de actos ilegales. Esto de la cámara instalada sin autorización, es otro de los constantes excesos cometidos por este tan peculiar Ayuntamiento de Oleiros y por su iluminado Alcalde. No se entiende que nadie ponga coto a semejantes acciones y desvaríos. Parece que la noticia de la colocación ilegal de la cámara de vigilancia no ha llegado a la Delegación del Gobierno, serán los últimos en enterarse, a pesar de que su obligación como administración responsable del control en la colocación de estos dispositivos, sería la de enterarse los primeros.

Nemigo dijo...

o caso concreto de oleiros e de isa cámara aínda é máis sangrante. A cámara está enfocando a unha rotonda pública. Pero os equipos de alimentación eléctrica e os de gravación están nun chale!

E anda por ahí o alcalde dicindo que vai a deter xente! Con que base legal? Se todo isto é unha ilegalidade absoluta

Anonymous dijo...

Esto de que las grabaciones de la vía pública se encuentren en un domicilio privado tendría que ser muy bien explicado por la Corporación Municipal de Oleiros. Esperemos que la Delegación del Gobierno no eluda sus compromisos y tome buena nota de esta situación. También la Fiscalía tendría que intervenir ante semejante atropello.

Nemigo dijo...

novo episodio na desfeita da cámara ista. Agora resulta que desconectan a cámara. Os cables que ían de farola a farola de ahí a un poste eléctrico pra rematar no chalé dun amigo do alcalde xa non están. Agora a cámara fai de pantalla. Está alí como os carteis ises que poñen nos chalés: coidado co can

http://www.flickr.com/photos/nosbotan/2674167928/

Así se gastas nos nosos cartos. En poñer cámaras ilegais e en deixalas sen conexión

Publicar un comentario