Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís amosa a súa satisfacción pola desconexión da cámara de videovixilancia Oleiros

Written By Virgulino on 16/7/08 | 16:21

O Movemento polos Dereitos Civís quere trasladar a súa satisfacción pola decisión do goberno de Oleiros de desconectar a cámara de videovixilancia instalada para controlar a escultura do Che. Dende a asociación felicítase ao Concello pola medida, pero lémbrase que non se trata dun acto de “deferencia cara á cidadanía” senón do cumprimento básico da lexislación á que toda Administración pública está sometida, pois o dispositivo carece da preceptiva autorización e non cumpre os requisitos mínimos para dotar de garantías xurídicas aos posibles afectados polo rexistro da súa propia imaxe. O seguinte paso que debe levar a cabo o ente local é retirar a cámara do lugar no que está emprazada, pois aínda que non estea operativa, a lexislación aclara que non pode permanecer instalada.

Tamén cabe lembrar que a cámara xa demostrara a súa inefectividade a pasada semana cando a escultura apareceu manchada de pintura. É dicir, o suposto efecto disuasorio que debería provocar non existe, así como tampouco axudou na identificación das persoas que cometeron o acto.

Dende o MpDC anímase aos Concellos de Ares e A Coruña, que tomen exemplo do goberno de Oleiros e procedan a desinstalar as respectivas cámaras, pois a súa inutilidade quedou demostrada, mentres os cidadáns vén como se vulneran os seus dereitos fundamentais cada día.

1 comentarios:

Nemigo dijo...

nin axudou a identificar aos autores das manchas de pintura nin as gravacións feitas por isa cámara teñen validez legal

Reiterar que a cámara debe ser retirada de isa farola. Segue sen autorización e o feito de estar ahí instalada é unha infracción

Lembrar tamén que unha pintada non é un delicto. Polo que non pode ser DETIDO ninguén (contrariamente ao que algún di e outros pensan)

Lembrar tamén que segundo o concello de oleiros "nunca" dixeron que a cámara fixese gravación algunha (descoñecese se había alguén entón mirando o que estaba a enfocar)

Publicar un comentario