Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC sorprendido pola actuación da Delegación do Goberno fronte as mobilizacións patronais

Written By Virgulino on 11/6/08 | 19:50

Lembra que recentemente prohibiu varias concentracións e sancionou a cidadáns que participaron noutras mobilizacións con cantidades desorbitadas.

O Subdelegado do Goberno de Pontevedra afirmou recentemente que aplicaría “Tolerancia Cero” contra as monifestacións e concentracións non comunicadas.


O Movemento polos Dereitos Civís pregúntase se a Delegación do Goberno vai continuar na súa liña e abrir expedientes administrativos tamén aos armadores e mariñeiros que este días estan a protagonizar cortes de tráfico e, incluso, na mañá de onte intentaron entrar no Parlamento. Este último suceso lembra a outro similar ocorrido no 2005 cando un grupo de alcaldes se manifestou e tentou tomar pola forza a Cámara galega, nun acto cun claro corte político. Desta ocasión, como entón, as mobilizacións producíronse o día no que se celebra o Pleno parlamentar, coa intención de dar maior relevancia a actuación, aínda que a lexislación prohibe calquera tipo de manifestación, estean ou non comunicadas, diante do edificio do Hórreo durante as sesións. Como hai tres anos tamén se produciron altercados coas Forzas e Corpos de Seguranza, aínda que daquela a policía non foi autorizada a utilizar a violencia.

Na protesta protagonizados polo grupo de alcaldes a Delegación non tomou ningún tipo de medidas sancionadoras contra ningún dos participantes, algo que vai en contra da política habitual da Delegación e Subdelegación do Goberno que veñan aplicando a man dura contra as mobilizacións sociais. Mesmo, recentemente, o Subdelegado do Goberno de Pontevedra afirmou que tería “Tolerancia Cero” contra as concentrancións e manifestacións non comunicada

Dende Dereitos Civís pregúntase cal vai ser a actuación da Delegación do Goberno nestes casos recentes protagonizados pola patronal. Sospeitase que aquí non se aplicaran sancións, algo que Dereitos Civís defende para a maioría dos casos de mobilizacións sociais, pero que amosa unha clara discriminación cos demais sectores sociais e laborais que ven como se lles prohibe mobilizacións solicitadas en tempo e forma (recentemente en Ames, Pontevedra, Coruña), e que mesmo son sancionados sen base legal. No último mes a Delegación xa ten enviado propostas de sancións ás persoas que participaron nas concentracións da COPE ou aos mariscadores da Coruña que tomaron parte nas protestas para mellorar as súas condicións laborais.

0 comentarios:

Publicar un comentario