Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Fiscalía Xeral do Estado defende a gravación sen autorizacións de detidos

Written By Virgulino on 26/6/08 | 19:56

Considera que as gravacións realizadas de forma particular, con medios propios e sen ningún tipo de control sobre o seu destino, por axentes dos Corpos de Seguridade son lícitas

A Fiscalía Xeneral del Estado non considera irregular a gravación dos detidos por parte das Forzas de Seguranza, mesmo cando o fan con dispositivos particulares, tais como os teléfonos móbiles ou as cámaras dixitais persoais. Segundo a Fiscalía esta medida non entra en contradición coa normativa recollida no Código Penal referida ás obrigas dos funcionarios da Administración Pública, nin coas condutas dos tipos comúns relativas a "Delitos contra a intimidade, o dereito á propia imaxe e a inviolabilidade do domicilio”, xa que segundo a súa consideración, estes principios” esixen un elemento subxectivo no comportamento do suxeito activo”, e como neste caso, as gravacións se realizan coa finalidade de “protexerse” en caso de denuncias de malos tratos, xa que logo, asegura que non existe a vontade activa do suxeito.

O Movemento polos Dereitos Civís presentara unha denuncia perante a Fiscalía Xeral do Estado ante as dúbidas que existen neste momento sobre a gravación de detidos por parte dos membros das Forzas e Corpos de Seguranza. O MpDC xa preguntou á Delegación do Goberno pola existencia destas prácticas ilegais no noso país, aínda que a institución nin desmentiu nin afirmou este punto, indicando a Dereitos Civís que se trata de información confidencial e que no caso de practicarse a información contida nestas gravacións “ten un carácter reservado e a súa difusión está legalmente prohibida”.

A Fiscalía pola súa banda tamén argumenta que “son moitas as instancias protectoras de dereitos fundamentais dende as que se avoga pola gravación xeneralizada dos procedementos de detención para evitar os malos tratos a detidos”. Non obstante, obvia que as solicitudes deste colectivos refírense á instalación de cámaras nas comisarías, dispositivos que estarían controlados e rexistradas legalmente, e polo tanto, suxeitos ás garantías xurídicas correspondentes, cuxas imaxes se gardan en rexistros identificados e polo tanto aos que pode ter acceso o suxeito gravado, e non a gravación feitas por funcionarios dos Corpos de Seguridade cos seus equipos particulares, que nin están controlados, nin rexistrados na AEPD, nin sometidos ao réxime debido aos Corpos de Seguranza. É dicir, falamos da legalidade fronte a toma de imaxes "roubadas", sen consentimento do gravado e sen que se lle aseguren os seus dereitos, tanto os recollidos no artigo 18 da CE (intimidade, honra e propia imaxe), senón tamén do dereitos de acceso, modificación ou cancelación de datos persoais.

A falta de control sobre esas gravacións poden propiciar que acaben en internet ou sexan divulgadas sen o consentimento dos detidos, como xa pasou no caso da cidadán rusa detida en Barcelona. Unha vez máis, atopámonos ante outro caso de “pasotismo” da Administración do Estado, que obvia a lexislación vixente referente a protección de datos persoais e deixa todo o tipo de gravacións de detencións en mans dos axentes de Policía, sen ningún tipo de control e podendo acabar como entretemento de terceiras persoas, colgadas en internet ou vendidas como material de curiosidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario