Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor do Pobo acepta unha queixa contra o Concello da Coruña por ignorar a agresión dun policías a un inmigrante

Written By Virgulino on 5/5/08 | 13:37

O Valedor do Pobo vén de aceptar unha queixa presentada polo Movemento polos Dereitos Civís contra o Concello da Coruña, despois de que a entidade non investigase unha agresión por parte duns policías locais a un inmigrante senegalés. O MpDC presentara un escrito ao Concello a principios do pasado mes de decembro no que solicitaba que adoptase as medidas disciplinarias oportunas fronte aos membros da Policía Local que participaron nunha acción violenta contra Mouhamadou Bambr Diop, e que non foi contestado. A entidade municipal obviou dar unha resposta na que explique as razóns que manexaron aos axentes implicados para extralimitarse nas súas funcións e levar a cabo unha actuación desproporcionada á que acudiron ata cinco motos e dous coches para “reforzar” o operativo levado a cabo na detención deste cidadán.

Os feitos sucederon en outubro de 2007, cando unha patrulla detivo ao senegalés mentres se atopaba na rúa Barcelona. Segundo describían os veciños do lugar que presenciaron a agresión, un dos policías golpeou durante quince minutos a Mouhamadou Bambr Diop, un albanel de 27 anos, coa porra e o puño, ao tempo que lle rabuñaba e tiraba das fazulas, un feito que motivou a indignación dos transeúntes que comezaron a recriminar aos funcionarios. Non obstante, o Concello non considerou de interese iniciar unha investigación para aclarar o sucedido e tomar as medidas oportunas para restaurar a legalidade.

Agora, o Valedor dirixirase á entidade municipal para reclamar un informe no que se expliquen as causas polas que se agrediu a Bambr Diop e non se sancionou aos axentes que vulneraron os dereitos dun cidadán e se extralimitaron nas súas funcións.

0 comentarios:

Publicar un comentario