Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

"O intercambio de datos cos EUA quitaría todo o valor as leis de protección da Unión Europea"

Written By Virgulino on 4/5/08 | 9:00

Entrevista a Yasha Maccario, representante de Statewatch



MpDC: Como ve vostede a situación dos dereitos civís na Galiza? Cales considera que son os dereitos máis vulnerados e cales os que merecen unha maior protección?

Yasha Maccarico: Das noticias que me chegan dos medios e de organizacións como MpDC ou Esculca, semella que os problemas no campo dos dereitos civís en Galiza non se diferecias moito dos que caracterizan o resto de España e da Unión Europea. En particular, existen problemas nos campos da seguranza e control, da represión da inmigración e as actuacións en contra dos movementos sociais e manifestacións. Os casos que mais me chamaron atención, foron os de Mamadou Kane, no que se viu como, ata tras unha sentenza condenatoria por malos tratos policial a un inmigrante, as autoridades politicas locais seguiron apoiando aos policias responsables. Outros inclúen o caso do petroleiro Prestige, no que, ademais do desastre ambiental, saíron á luz uns problemas que se poden relacionar coa potesdade das autoridades para desinformar á poboación ou de censurar determinadas protestas. A proliferacion de videocamaras nos centros urbanos, a parcial impunidade de axentes de policía que son difíciles de identificar cando exceden os limites de proporcionalidade e do uso lexítimo da forza ao reprimir protestas obreiras ou cidadás, cun excesivo uso das balas de goma e lacrimóxenos, é outro problema do que me consta que se ocupa o MpDC, e que se produce en varias formas ao longo da UE. Con todo, hai particularidades ligadas ao nacionalismo galego, en canto a cuestións lingüísticas ou ao intento de relacionar movementos independentistas e protestas de distinta natureza con supostas actividades terroristas, ou de presentalos como unha ameaza para a seguridade.

MpDC: E a nivel europeo, cales son as grandes eivas da Carta de Dereitos?

Y.M.: Non penso que o problema resida tanto nos textos que definen os dereitos no ámbito europeo, nin tampouco nas garantías fixadas nas constitucións nacionais, canto no tratamento dos problemas que se presentan como urxencias ou casos excepcionais nos que se pode prescindir do que son os dereitos dos que supostamente gozan todos. Os casos máis importantes son a inmigracion e o terrorismo: no primeiro, estanse socavando as garantías para menores a través da súa expulsión ou detención, detéñense estranxeiros en condicións infrahumanas cuxa culpa non é outra que a da súa presenza ilegal, expúlsase a persoas cara a países onde poden sufrir malos tratos ou torturas, sométeselles a un excesivo control policial e limítase en exceso a posibilidade de gozar do asilo en casos de persecución; no segundo caso, en varios países decidiuse que é posible a sanción antes de probar feitos delituosos, en base á sospeita. Así, en Italia e Inglaterra pódense expulsar persoas se o ministro de interior considera que poidan ser perigosos (en Inglaterra tamén estiveron detidos indefinidamente ata que a Cámara de Lores xulgase que esta próctica é ilegal), e os longos prazos de detención en reximenes especiais (que poden durar anos) antes do xuízo corresponden, en práctica, a unha punición antes de que se estableza a responsabilidade penal. Ademais, existe unha ampliación do ámbito das condutas que se poden cualificar de terroristas ao longo de Europa, que poden afectar grupos que son críticos coas políticas de seguridade, aínda que non avoguen por, nin contemplen, o uso da violencia, a través de conceptos como o enaltecimento ou apoloxía.



MpDC: Nas últimas semanas tivemos coñecemento de que en Galicia a Garda Civil ten instruccións para tomar os datos das persoas que leven simboloxía de carácter nacionalista. Este tipo de medidas “preventivas” son prácticas habituais entre as Forzas de Seguridade dos Estados europeos?

Y.M: De confirmarse, este extremo representaría algo moi grave, xa que supón que a expresión simbólica da ideoloxía dunha persoa pódese converter en pretexto para o seu control, ou para converterlo en sospeitoso. O uso das forzas de seguridade dun estado para reservar un trato especial a determinadas persoas ou grupos, non se pode considerar unha excepción. Os acontecementos antes do G8 de 2001 en Xénova pareceron indicar a existencia dalgunha forma de listaxe, cando se nego a entrada en Italia a miles de persoas na fronteira, en base a non se sabe que criterios. A lei antiterrorista inglesa de 2000, xa prohibia o uso de roupa que puidese indicar o apoio a determinadas causas cualificadas de terroristas, como a dos kurdos en Turquía. É máis recente a proposta de establecer unha base de datos de alborotadores, para que as policias europeas poidan intercambiar informacións a través do sistema de información Schengen (SIS). O obxectivo sería o de prohibir a presenza destas persoas en certos acontecementos, como os cumes europeos, eventos internacionais deportivos ou culturais, porque representan unha ameaza para a orde e a seguridade pública en tales eventos. Deixando de lado os exemplos que se poden identificar en varios países, isto suxire a existencia de tales prácticas en máis duns poucos países. Merece a pena recordar que a xénese desta práctica foi a prohibición de viaxar para inchas de fútbol considerados violentos, e que logo se propuxo estendelo ás manifestacións politicas.


MpDC: Hai uns meses, o comisario europeo de Seguridade anunciaba a intención da Unión Europea de tomar os datos de todos os viaxeiros non comunitarios que circulen polos Estados da UE e un membro de Scotland Yard propuña incluir nunha base de datos aos nenos considerados “difíciles”. Que legalidade terían estas medidas? Poderíanse dar estos supostos e salvagardar o dereito a intimidade e a vida privada?

Y.M: Estas son dúas vertentes duns problemas chave que están contaminando o desenvolvemento da construcción europea. O primeiro é un ataque contra a privacidade na que a protección de datos considérase un luxo que as nosas sociedades non se poden permitir se queren defender a súa seguridade. O segundo é que unha vez que se introducen certas medidas que sentan precedentes, búscase estendelas a grupos cada vez máis amplos, xa que se desenvolveron as capacidades técnicas para establecer estas formas de vixilancia masiva, e que os medios e autoridades presionasen para a adopción destas medidas cando se repitan feitos delituosos que provoquen alarma social, neste caso, de violencia xuvenil. Lin documentos que teñen que ver co desenvolvemento dunha base de datos das pegadas dixitais dos extracomunitarios que ingresan na Unión Europea, nos que a delegación francesa no COREPER (Comité de Representantes Permanente no Consello) queixábase de que non se contemplase tomar pegadas aos menores de sete anos. O último comisario europeo de seguridade, Frattini, foi un firme defensor do principio da dispoñibilidade e do intercambio de datos coas autoridades estadounidenses, que quitaría todo valor ás medidas de protección de datos que están en vigor na UE, xa que devanditas proteccións en EEUU son moito menores. O principio da dispoñibilidade faría que se puidese transmitir toda a información en poder das diferentes institucións a escala europea, achegándonos a unha sociedade de control.

MpDC: Decisións desta clase formarían parte desa tendencia iniciada nos EUA de recortar as liberdades e dereitos individuais baixo o epígrafe dun suposto reforzo da seguridade?

Y.M.: Penso que é un erro expor os problemas de recorte de liberdades e dereitos simplemente como unha expresion do que ocorre en Estados Unidos, xa que o Reino Unido leva anhos desenvolvendo medidas para sancionar condutas que, sen ser necesariamente delituosas, considéranse molestas ou ?antisociais?. Os ASBO (anti social behaviour orders) empréganse cada vez mais para prohibir tales condutas (non só para jovenes, pero hai moitos estudos sobre a forma na que criminalizan aos ninhos), e a pena por non respectalos pode levar a sancións graves como o encarceramento ou a detencion en centros pechados para menores. Tamén en ambito antiterrorista e de represion da criminalidade ou inmigracion, os estados europeos han desarrolado medidas que recortan liberdades e dereitos de forma autonoma, aínda que desde o 11S a autoridades estadounidenses estiveron empuxando para a adopcion de medidas moi duras en plan conxunto, empujandonos cara a un eixo do norte EEUU-EU.

0 comentarios:

Publicar un comentario