Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís anima a todos os galegos a acudir á concentración a prol do indulto para os tres do Eixo

Written By Virgulino on 8/5/08 | 11:57

O Movemento polos Dereitos Civís quere animar a todos os galegos e as galegas a acudir mañá á concentración que a asociación veciñal do barrio do Eixo ten convocada para demandar, unha vez máis, o indulto para Simón Márquez, Xosé Moreira e Xesús Montoiro, os tres veciños do lugar encarcerados por supostamente agredir a un policía durante unha manifestación. A convocatoria está programada para este venres 9 de maio, na Praza do Obradoiro a partir das 20:30 horas.

O MpDC traslada todo o seu apoio aos tres cidadáns,que permanecen no cárcere de Curtis dende o pasado 30 de Outubro e reclama á cidadanía galega que acuda a protesta para demostrar a súa inconformidade cunha decisión xudicial arbitraria, baseada nunha investigación chea de baldeiros e contradicións nas declaracións dos policiais.

0 comentarios:

Publicar un comentario