Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Delegación do Goberno mantén que se lanzaron obxectos contra a sé da Policía en Vigo

Written By Virgulino on 11/5/08 | 9:00

A institución non conseguiu demostrar esta afirmación durante o xuízo no que se condenou a varios mozos acusados de proferir insultos aos axentes

A Delegación do Goberno continúa insistindo na súa versión sobre os feitos ocorridos diante da sé da Policía Nacional de Vigo o pasado 6 de decembro. Segundo a institución dirixida por Manuel Ameijeiras, as persoas concentradas diate da comisaría para protestar contra a deteción duns compañeiros proferiron insultos e lanzaron obxectos contra o edificio, momento no que, supostamente se produciron lesións a un axente da policía. Este feito foi a orixe da denuncia contra sete mozos implicados, aínda que durante o proceso xudicial non se puido demostrar a existencia de tais accións, e menos aínda a agresión a un membro das Forzas de Seguranza. Non obstante, a Delegación teima en manter a súa versión inicial e nun escrito trasladado ao Movemento polos Dereitos Civís asegura que naquel día tivo lugar a agresión.

Asímesmo, a institución afirma que no transcurso da concentración diante da comisaría se identificaron a sete persoas por alterar a orde pública, cando na realidade as identificacións se produciron posteriormente aos sucesos, recollendo os datos dos mozos de fichas policiais presuntamente ilegais. O que non aclara a Delegación na súa resposta é quen ordenou a carga contra as persoas que participaban na protesta.

Os feitos sucedidos aquela tarde quedan tan pouco claros e as aseveracións de policías e Delegación son tan irregulares, que ata o Ministerio Fiscal reclamou a libre absolución dos enausados e a propia acusación foi incapaz de atribuir individualmente a ningún deles os delitos que se lle atribúen. Finalmente os mozos foron condenados por “falta de respecto á autoridade”, un delito vago e ben afastado do de agresión.

Unha vez máis, a Delegación volve dar mostras da súa política de “man de ferro” contra as mobilizacións sociais, sexa cal sexa o seu signo.

0 comentarios:

Publicar un comentario