Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Un xulgado da Coruña leva máis de ano e medio sen resolver unha denuncia contra Paco Vázquez

Written By Virgulino on 22/4/08 | 16:32

Dereitos Civís presentou en decembro de 2005 un recurso contra un auto dictado polo xulgado de instrucción n5 pola decisión de cambiar o topónimo da cidade O Movemento polos Dereitos Civís leva máis de ano e medio agardando unha resolución por parte dun tribunal de Galiza. O Xulgado de Instrucción nº 5 da Coruña aínda non se pronunciou sobre un recurso presentado pola asociación contra o entón alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, por mor da decisión tomada durante unha sesión plenaria do 2004, na que se decidiu cambiar o topónimo oficial do municipio polo de La Coruña.

En decembro de 2005 o xulgado ditou acto polo que se acordaba o sobreseemento provisional e arquivo da causa. Non obstante, en xaneiro de 2006 emitiuse unha providencia dese mesmo tribunal polo que se comunica ao MpDC que se ten por presentado o seu recurso de reforma a esta decisión en tempo e forma. En novembro dese mesmo ano, o colectivo volveuse dirixir ao xulgado coruñés para solicitar que se resolvese o recurso interporsto. A día de hoxe aínda se agarda unha resposta por parte da Xustiza, logo de que xa se tivese producido un cambio de alcalde e parte do goberno municipal.

Dereitos Civís denunciara que a modificación do topónimo da cidade non entra dentro das competencias asignadas aos Concellos, e así consta nas dúas sentenzas do Tribunal Supremo e do Xulgado do Contencioso-administrativo emitadas a este respecto. Así mesmo, tamén se criticaba o uso reiterado de cartos públicos para a defensa dun acordo declarado contrario a dereito en varias ocasións, sendo responsábeis deste despilfarro os concelleiros que votaron a favor da modificación do nome da cidade.

Dereitos Civís volverá dirixirse ao Xulgado de Instrucción para lembrarlle que aínda non resolveu o asunto e promover, por fin, unha sentenza sobre a denuncia presentada. De igual xeito, agarda que circunstancias como esta non se volvan repetir dentro da Administración da Xustiza, xa que fan dubidar da eficacia da mesma e crean recelos entre a cidadanía. Por esta razón solicita unha maior eficacia e modernización das institucións e órganos xudiciais co obxectivo de evitar que se repitan as demoras nas sentenzas, pois en non poucas ocasións afectan de xeito profundo aos cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario