Dereitos Civís presentou en decembro de 2005 un recurso contra un auto dictado polo xulgado de instrucción n5 pola decisión de cambiar o topónimo da cidade O Movemento polos Dereitos Civís leva máis de ano e medio agardando unha resolución por parte dun tribunal de Galiza. O Xulgado de Instrucción nº 5 da Coruña aínda non se pronunciou sobre un recurso presentado pola asociación contra o entón alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, por mor da decisión tomada durante unha sesión plenaria do 2004, na que se decidiu cambiar o topónimo oficial do municipio polo de La Coruña.
En decembro de 2005 o xulgado ditou acto polo que se acordaba o sobreseemento provisional e arquivo da causa. Non obstante, en xaneiro de 2006 emitiuse unha providencia dese mesmo tribunal polo que se comunica ao MpDC que se ten por presentado o seu recurso de reforma a esta decisión en tempo e forma. En novembro dese mesmo ano, o colectivo volveuse dirixir ao xulgado coruñés para solicitar que se resolvese o recurso interporsto. A día de hoxe aínda se agarda unha resposta por parte da Xustiza, logo de que xa se tivese producido un cambio de alcalde e parte do goberno municipal.
Dereitos Civís denunciara que a modificación do topónimo da cidade non entra dentro das competencias asignadas aos Concellos, e así consta nas dúas sentenzas do Tribunal Supremo e do Xulgado do Contencioso-administrativo emitadas a este respecto. Así mesmo, tamén se criticaba o uso reiterado de cartos públicos para a defensa dun acordo declarado contrario a dereito en varias ocasións, sendo responsábeis deste despilfarro os concelleiros que votaron a favor da modificación do nome da cidade.
Dereitos Civís volverá dirixirse ao Xulgado de Instrucción para lembrarlle que aínda non resolveu o asunto e promover, por fin, unha sentenza sobre a denuncia presentada. De igual xeito, agarda que circunstancias como esta non se volvan repetir dentro da Administración da Xustiza, xa que fan dubidar da eficacia da mesma e crean recelos entre a cidadanía. Por esta razón solicita unha maior eficacia e modernización das institucións e órganos xudiciais co obxectivo de evitar que se repitan as demoras nas sentenzas, pois en non poucas ocasións afectan de xeito profundo aos cidadáns.
Un xulgado da Coruña leva máis de ano e medio sen resolver unha denuncia contra Paco Vázquez
| envía este post
|
|
| Etiquetas: A Coruña , Administración de Xustiza , Franciso Vázquez | |
-
A información publicada hoxe sobre as cámaras de Compostela non corresponde có acontecido - Despois da ronda de chamadas feita polo MpDC e a información remitida por mail aos distintos medios no día de onte, só o periódico compostelano El Correo Gal...5 horas atrás
-
O MpDC solicita a devolución da fianza para a retirada das cámaras de videovixilancia - Considera que non se fará efectiva a execución provisional da sentencia O Movemento polos Dereitos Civís ven de solicitar a devolución da fianza de 3000€, p...2 dias atrás
-
A Mesa lamenta a campaña de demonización da asociación seguindo o principio de “difama, que algo queda” - Perante as informacións publicadas hoxe por La Voz de Galicia e a TVG, A Mesa pola Normalización Lingüística quere sinalar:Todos os convenios asinados pola M...4 dias atrás








0 comentarios
Postar um comentário