Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A recomendación de vixiar os vehículos con GZ puido saír dos servizo de información da Garda Civil en Galiza

Written By Virgulino on 9/4/08 | 9:00

A UGC sinala que a orde, de existir, tería procedido dalgún mando de fóra do noso país

A recomendación feita aos axentes da Garda Civil que operan na Galiza de tomar os datos dos vehículos que leven un distintivo coa GZ puido partir dos servizos de información de dito instituto armado, segundo informaron fontes ao Movemento polos Dereitos Civís. A asociación tivo acceso a un documento de formación interna no que se instaba aos membros do Corpo a recoller información das persoas que portasen algún tipo de simboloxía nacionalista, xa que, no documento, se relaciona aos cidadáns que levan a estrela vermella, o escudo deseñado por Castelao ou autocolocantes GZ co Movemento Nacional de Liberación Galego, e que constitúe “o segundo maior problema de terrorismo en España”.

Segundo puido saber o MpDC, algunhas fontes apuntan agora á posibilidade de que dita orde partise dos servizos de información da Garda Civil na Galiza. Pola súa banda, a Unión de Gardas Civís emitiu un comunicado a pasada semana no que se desvinculaban desta actividade e sinalaban que non atoparan ningún documento que fixese referencia a dita orden, así como que descoñecen a procedencia da instrución. “Ni confirmamos ni desmentimos la existencia de esa instrucción escrita No tenemos datos para ello. No obstante, con los datos apuntados, además de los nuestros, no habría sido una instrucción escrita sino un “comentario verbal y personal”, no avalado por la propia Guardia Civil. Habría procedido de algún mando que nunca habría estado destinado en Galicia y que por ello desconoce la realidad gallega. Además, ésta se habría comentado fuera de Galicia”, indica no comunicado a UGC.

A noticia feita pública por Dereitos Civís, as reaccións que provocou na cidadanía e a resposta trasladada polo sindicato de Policías suscitou un claro malestar entre diversos sectores desta institución, que plasmaron as súas opinións nos distintos foros deste colectivo na rede, nos que se acreditaba na existencia do suposto grupo terrorista MNLG. Nos foros puidéronse ler comentarios en contra do Movemento polos Dereitos Civís ao que acusan de ser un colectivo independentista que defiende a chorizos y terroristas”, contra o BNG por presentar unha pregunta parlamentar e contra os seus propios compañeiros, aos que culpan de “conspirar co BNG”.

0 comentarios:

Publicar un comentario