Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Protección de Datos pecha o expediente contra unha empresa de atención telefónica sen comprobar se grava aos seus clientes sen o seu consentimento

Written By Virgulino on 2/4/08 | 13:28

A entidade confirmou que posúe o sistema de rexistro e escoita, pero asegura que aínda non o emprega non seus servizos

Dereitos Civís vai reclamar a Asociación Española de Protección de Datos que remita o expediente completo da investigacións realizadas ata o momento a una empresa de atención telefónica galega, que recoñece que dispón do sistema de escoita e gravación de chamadas, aínda que nega telo empregado ata o momento. O Movemento polos Dereitos Civís informara á AEPD de que a entidade estaba a realizar gravacións das conversas telefónicas mantidas cos seus clientes sen avisalos deste feito, ao igual que sucede cos seus propios empregados. A empresa presta os seus servizos á Xunta, entre outros clientes.

A empresa recoñece que dispón de sistema de escoita e gravación das chamadas pero afirmou a AEPD que aínda non no utilizara. Segundo se recolle no escrito remitido por Protección de Datos “O sistema permite a escoita de supervisión así como a gravación das conversas telefónicas, prestación esta última que non se puxo en marcha en ningún caso”. Non obstante, non explica que métodos ten empregado para comprobar a veracidade das informacións facilitadas pola empresa.

Pola contra a Axencia explica que realizou unha visita de inspección á entidade na que comprobou que “non se proporcionaba información aos chamantes en relación co tratamento do que van ser obxecto os seus datos de carácter persoal, en concreto, do especificado no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal”. Dita lei estabelece que os interesados aos que se soliciten deberán ser previamente informados de modo expreso “da existencia dun ficheiro ou tratamento de datos de carácter persoal, da finalidade de recollida dos mesmos e dos destinatarios da información”.

O MpDC pidirá agora o expediente completo para saber como a AEPD confirmou que non se estaba utilizando o sistema de escoita e gravación, do que non se ten avisado nin aos clientes nin aos seus empregados.

0 comentarios:

Publicar un comentario