Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O xornal “EN MOVEMENTO” xa alcanzou os 39000 exemplares

Written By Virgulino on 28/4/08 | 17:28

Supera a periódicos como La Región, La Opinión, O Diario de Pontevedra ou El Correo Gallego.

A publicación mensual de información xeral que distribúe gratuitamente o Movemento polos Dereitos Civís chega ao seu sétimo número cunha tirada de 39000 exemplares e distribución en case 30 concellos de Galiza.

Desde o seu nacemento en Novembro do 2007, cunha tirada inicial de 6000 exemplares, o “EN MOVEMENTO” vense afincando como un xornal de información alternativa, estable e veraz. Nas súas páxinas pódese encontrar información que, a pesar da súa relevancia en canto afecta a dereitos fundamentais, non teñen unha cobertura mediática axeitada. Neste último numero pódese atopar, por exemplo as concentracións realizadas nas cidades galegas en defensa do galego, que reuniron a cerca de 500 persoas, e que nembargante non gozaron de cobertura nos medios escritos.

Comprobada a aceptación do xornal, o MpDC márcase un horizonte de 60000 exemplares para mediados do 2009 e aumentar paulatinamente a súa presenza nos distintos concellos de Galiza.

0 comentarios:

Publicar un comentario