Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís traslada o seu total apoio á maxistrada Ana López Suevos

Written By Virgulino on 5/4/08 | 10:09

O Movemento polos Dereitos Civís quere trasladar todo o seu apoio á maxistrada Ana López Suevos, que veu como o seu traballo era cuestionado polo feito de empregar o galego durante os xuízos. Dende o MpDC condénase enerxicamente a actitude dos avogados da COPE por pretender utilizar o uso do galego como un arma para recorrer unha sentenza desfavorábel, alegando unha indefensión que moi probabelmente non existise, xa que durante o proceso xudicial non solicitaron a presenza dun tradutor. Coa súa conduta poñen de manifesto o menosprezo que sinte polo noso idioma e os prexuízos que aínda sobreviven entre determinados sectores da sociedade. A posibilidade sequera de incoar dilixencias contra esta maxistrada por empregar o galego demostra o lonxe que estamos de acadar unha plena normalización lingüística neste país, así como a habitual vulneración dos dereitos lingüísticos que sofren os galegos nas súas relacións coa administración, quen, debería ser a primeira en garantir o respecto e a consolidación destes dereitos.

Dende o MpDC tamén se quere dar un toque de atención ao Consello Xeral do Poder Xudicial por acceder a iniciar dilixencias neste caso, cando despacha sen miramentos outros asuntos nos que claramente existe unha actuación que vulnera os dereitos fundamentais dos cidadáns, e que, non obstante, parecen non ser do seu interse..

Feitos como este demostran a necesidade que existe na actualidade de mudar o propio estatuto da nosa lingua e incorporar, aos dereitos que amparan o seu uso, o deber de coñecer o galego, ao igual que está estabelecido o deber de coñecer o castelán na Constitución española.

0 comentarios:

Publicar un comentario