Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Máis de 50 galegos solicitaron xa á Garda Civil acceder a súa "Ficha de interese policial"

Written By Virgulino on 4/4/08 | 12:29

Máis de cincuenta galegos solicitaron o acceso á súa ficha de "interese policial", logo de que o Movemento polos Dereitos Civís puxera en marcha a campaña de protesta, "Eu teño unha GZ no meu Coche", contra as actuacións levadas a cabo pola Garda Civil a respecto dos cidadáns que portan simboloxía nacionalista. O MpDC animou aos galegos e galegos a enviar un correo electrónico á Garda Civil informando de que dispoñen dunha GZ no coche e que polo tanto facilitan o seu DI para a Ficha de Interese Policial, para, a continuación, solicitar, ao amparo do dereito de acceso, toda a información que as institución armada dispón de cada persoa, e exercitar os dereitos de ratificación ou cancelación. No caso de no existir tal ficha, tamén se demanda á Garda Civil que comunique ao afectado este feito.

Ata o momento algo máis de cincuenta persoas "delatáronse" por ter no seu vehículo o distintivo GZ. A todos eles, dende a Garda Civil remitíuselles unha notificación na que se lles indica que deben cumplimentar unha instancia "con firma original" que poden descargar da propia rede para poder iniciar os trámites da solicitude. Nesta comunicación a Garda Civil facilita o correo electrónico de todas as persoas que presentaron denuncia a aquelas persoas as que se dirixe vulnerando o deber de secreto e Lei de Protección de Datos, feito que será posto en coñecemento da Axencia Española de Protección de datos.

Con esta iniciativa, Dereitos Civís pretende amosar aos Corpos e Forzas de Seguridade o seu total rexeitamento por unha actuación contraria aos dereitos dos cidadáns e que supón un chanzo máis nesa tendencia a criminalizar aos individuos e a conculcar a presunción de inocencia. Así como comprobar a existencia de ditos ficheiros e a clase de información que neles se rexistran e con que finalidade. Ademais, a asociación lembra que a creación de bases de datos paralelas é ilegal, polo que demanda ao instituto armado que axuste as súas accións á normativa vixente e respecte os dereitos e as liberdades de todos os cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario