Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Garda Civil ameaza con denunciar ao Movemento polos Dereitos Civís polas informacións do caso das GZ

Written By Virgulino on 17/4/08 | 13:24

A Garda Civil estuda a posibilidade de denunciar ao Movemento polos Dereitos Civís polas información feitas públicas pola asociación nas que se daba conta das prácticas levadas a cabo pola institución armada a respecto dos vehículos coa GZ. Segundo a Dirección General de la Policía y la Guardia Civil, estase a estudiar “con la fiscalía la posible existencia de un delito contra las Instituciones del Estado, por cuanto pudieran constituir tales publicaciones o difusión de las informaciones aparecidas, relacionadas con hechos injuriosos y falsedades tendentes a lesionar la dignidad de un cuerpo de las Fuerzas de Seguridad del Estado”. Así se está a informar dende a institución a todas as persoas que se autoinculparon por levar no seu vehículo unha GZ, dentro da campaña de protesta promovida por Dereitos Civís. De igual modo, indícase que as información “son rotundamente falsas, desconociendo la intencionalidad de quien o quienes las hayan originado”. Esta aseveración contrasta coas afirmacións trasladadas por un axente deste Corpo nun artículo publicado por El Correo Gallego, no que recoñecía a existencia desa formación e mesmo defendía a súa legalidade.

Pola súa banda, a Unión de Gardas Civís emitiu un comunicado no que indicaba que “ni confirmamos ni desmentimos la existencia de esa instrucción escrita No tenemos datos para ello. No obstante, con los datos apuntados, además de los nuestros, no habría sido una instrucción escrita sino un “comentario verbal y personal”. Habría procedido de algún mando que nunca habría estado destinado en Galicia y que por ello desconoce la realidad gallega. Además, ésta se habría comentado fuera de Galicia”.

Non obstante, en vez de iniciar unha investigación interna para aclarar este asunto, depurar responsabilidades e poder ofrecer seguridade aos cidadáns a respecto destas prácticas ilegais por parte das institucións que deben defender e garantir o cumprimento das liberdades e dereitos, a Garda Civil estuda interpor unha denuncia contra o MpDC polo que considera unhas inxurias destinadas a debilitar a confianza da sociedade nas Forzas de Seguranza, cando o único que se pretende é dar a coñecer actuacións fóra da lei e limitadoras das liberdades.

Por último, o MpDC manifesta a súa tranquilidade sobre a súa denuncia e aportará a documentación da que dispón si así llo require un xuíz e llo permiti A Axencia Española de Protección de Datos, pois na mesma consta fotos e nomes de persoas de “Interese Policial”.

2 comentarios:

lampiao dijo...

O MpDC non ve mal que se presentara a denuncia. permitiría profundizar nas fichas de interese policial

pelopintxo dijo...

Que denuncien, que denuncien, que así sae a luz todos os nomes e fotos que eles mesmos reparten entre ós seus compañeiros de corpo verde, datos de persoas que eles califican como de "interese policial", porque? porque levan unha GZ no seu carro?. Calquera día destes ata sae a miña foto.
Parabens pra voçe.

Publicar un comentario