Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís solicitará ao xulgado a execución forzosa dunha sentenza contra o Concello de Santiago

Written By Virgulino on 16/4/08 | 9:00

A entidade local esgotou o prazo legal de dous meses para entregar a un cidadán todos os arquivos que figuran nas dependencias municipais referidos a súa persoa

Dereitos Civís volverá a dirixirse a Xulgado do Contencioso número 2 de Compostela para instar á execución forzosa da sentenza ditada por unha maxistrada, na que se obrigaba ao Concello de Santiago a entregar a un veciño todos os arquivos que estean no seu poder e conteñan información de carácter persoal sobre dito cidadán. Non obstante a senteza, a entidade local aínda non remitiu a información ao afectado, logo de que pasasen os dous meses de prazo, dende a notificación da sentenza, que a lexislación concede para a execución do disposto polos xuíces, conforme ao que establece a Lei 29/98 do 13 de xullo, da Xurisdición do Contencioso administrativo.

O proceso xudicial desenvolveuse logo de que o MpDC presentase unha denuncia contra o Concello por negar o dereito de acceso a un veciño e colaborador da asociación que solicitara unha copia de todos os arquivos e expedientes que obrasen no poder da entidade local referidos a si propio. O alcalde compostelán dera conta nunha contestación ao Defensor del Pueblo, a raíz dunha queixa contra un axente municipal, da existencia de arquivos na Policía Local sobre o afectado. Non obstante, mudou de versión diante da maxistrada e negou posuír ningún tipo de datos sobre dito cidadán, tanto a nivel persoal como na súa faceta de colaborador de Dereitos Civís. A existencia de expedientes sobre esta persoa constitúe un delito por parte da entidade, posto que nunca foi condenada por ningún Xulgado, nin sancionada pola Administración.

O alcalde volve dar mostras do seu talante escurantista e falto de diálogo, ao obviar o cumprimento dunha sentenza desfavorable e que pon de manifesto a escasa confianza que pode transmitir aos cidadáns, xa que non tivo reparos en mentir diante da xuíza para ocultar os seus propios erros e xustificar a denegación do seus dereitos a un dos seus administrados. Dereitos Civís agarda a execución da sentenza coa máxima prontitude posible e que casos como este non se repitan nin no Concello de Compostela nin en calquera outra institución pública.

1 comentarios:

Anonymous dijo...

rfeal@hotmail.com

A perda de dereitos civís é un asunto que vai pasando desapercibido pero que ten vital importancia. É un problema educativo que sexamos conscientes ou non desta realidade. Traballemos por facelo evidente.
Ramón.

Publicar un comentario