Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís presentará unha queixa ante o Valedor contra o Concello de Lalín por deixadez de funcións

Written By Virgulino on 30/4/08 | 9:00

A entidade non atende ás queixas duns veciños que sufren cada semana os excesos de ruído dunha discoteca que sobrepasa os límites permitidos legalmente

Os veciños sufren problemas de saúde física por non poder descansar axeitadamente e algúns víronse obrigados a cambiar de domicilio



Movemento polos Dereitos Civís presentará unha queixa ante o Valedor do Pobo contra o Concello de Lalín por deixadez de funcións ante as irregularidades cometidas por unha discoteca do municipio que, ademais de aumular outras infraccións, supera os niveis de ruído permitido, impedindo o dereito ao lexítimo descanso dos veciños do lugar; un dereito recollido na Declaración dos Dereitos do Home.

O local está situado nunha zona na que existen outros establecementos de ocio e na que cada fin de semana se xuntan ducias de mozos. Os níveis de ruídos emitidos pola discoteca acadaron tais dimensións que algúns residentes da zona vironse na obriga de abandonar a súa vivenda e mercar unha nova noutro lugar para poder desfrutar dun descando axeitado. Segundo relatan os propios afectados hai veciños que sufren “graves problemas de saúde física e padecen síntomas de ansiedade e frecuentes crises nerviosas”, a causa da cantidade de anos que levan padecendo os ruídos e os problemas derivados de contar cunha discoteca á beira da súas casas.

Disco Planet obtivo en 2002 o visto bo do Concello de Lalín par pór en marcha un establecemento que tiña que limitar á producción de ruído a un máximo de 80 db(A) no interior do local e contar cun limitador precintado polo propio Concello para 75db nos equipos sonoros, segundo o escrito remitido pola Delegación Provincial de Medio Ambiente, no que se calificaba a actividade como molesta. Aínda así, nunha estraña manobra respaldada polo goberno local, aprobouse subir ata os 100 db(A) o límite máximo de producción de ruído, aínda que esta modificación adicional non se recolle na licenza de apertura. Ademais, en ocasións detectouse que a discotea tiña desconectado o limitador da cadea musical e noutras rexistráronse picos que sobrepasaban todos os límites, acadando os 110 db (A). De feito nun informe sobre os limitadores conclúese que “hai anomalías no seu funcionamento, todos os parámetros indican que se manipulou o micrófono que está no centro da sala”.

Segundo se estabalece na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica en Galicia, os valores máximos de recepción de ruído en zonas exteriores pola noite queda limitado aos 55db(A), mentres que no interior redúcese ata os 30db, de xeito que se poida garantizar un descanso adecuado para as persoas. O Valedor ten destacado en numerosas ocasións nos seus informes anuais a problemática existente naqueles lugares onde se sobrepasan os límites de ruído. A este respecto no documento presentado o mes pasado ante o Parlamento resaltaba que “outra causa de abundantes problemas é a concentración de locais nunha determinada zona das cidades ou as vilas” e, engadía, “resultan frecuentes os casos de transmisión de ruídos ás vivendas a pesar do funcionamento do local coa licenza adecuada, e as queixas por falta de comprobación ou comprobación inadecuada dos ruídos”.


Exceso de tamaño

Na modificación puntual do PXOM de 2002 recóllese que os establecementos maiores de 250 metros cadrados destinados a esparcemento só poderán ubicarse en edificación exclusiva ou compartida, mais con usos non residenciais. Non obstante, a discoteca ten unha superficie contruída total de de 663 m2 e está levantada nunha rúa con fincas destinadas a vivenda, saltando deste xeito a normativa do PXOM. Este foi un dos motivos polo que dende o propio Concello se abriu un expediente a Disco Planet, a raíz dun informe solicitado polo BNG. Posteriormente presentouse unha demanda por parte dos veciños afectados e do propio Concello contra o establecemento, aínda que por causa dos térmos nos que foi plantexada, a Xustiza deu a razón ao dono do local.

Agora Dereitos Civís recorre ao Valedor do Pobo para que obrigue ao Concello de exercer as súas funcións e sancione as infraccións cometidas polo establecemento e busque unha solución a un problema que afecta a saúde dun gran número de persoas que levan anos soportando uns niveis de ruído e vibracións superiores aos permitidos pola lexislación. O que non pode suceder é que por un erro administrativo dos técnicos do Concello e contando cos informes que afirman que se sobrepasan os límites máximos de ruído, o goberno local se desinhiba das súas obrigas e permita este abuso por parte dun empresario.

0 comentarios:

Publicar un comentario