Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís presenta unha demanda contra o Concello de Ribeira polo uso ilegal de cámaras de videovixiancia

Written By Virgulino on 11/4/08 | 9:00

A entidade local ten instalados dispositivos sen autorización para o regulamento do tráfico, que emprega tamén para tarefas de control cidadá

O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar unha demanda contra o Concello de Ribeira polo uso ilegal de cámaras de videovixiancia e logo de que quedase demostrado o emprego incorrecto que se estaba a facer das mesmas, xa que as imaxes de persoas tomadas polos dispositivos chegaron ata os medios de comunicación. O MpDC presentou o recurso no Xulgado do Contencioso Administrativo n 1 de Santiago contra a desestimación por silencio administrativo da petición formulada ao Concello para a retirada das cámaras instaladas na vía pública, por estar adicadas a fins distintos para os que foron instaladas, xa que na teoría forman parte dos servizos de regulamento do tráfico.

A entidade municipal carece da autorización por parte da Delegación do Goberno para ter operativos dispositivos de control cidadá, pois segundo informou o Goberno do Estatal, só dous municipios de Galiza (Santiago e A Coruña), contan co permiso para usar cámaras con fins de videovixilancia. Ademais, os dispositivos incumpren o principio de proporcionalidade, necesario para conseguir o informe favorable da Comisión de Garantías e garantizar o respecto aos dereitos dos cidadáns recollidos no artigo 18 da Constitución, referidos ao dereito á intimidade, honra e propia imaxe.

É evidente que a instalacións das cámaras é un medio totalmente desproporcionado para o fin perseguido, xa que o regulamento do tráfico pódese lévar a cabo eficazmente polos vixiantes, a parte de que dito control non parece ser un interese tan prioritario, ou que afecte de tal maneira ó interese xeral que prevaleza frente aos Dereito Fundamentais mencionados.


Filtración de imaxes

Dende o Concello de Ribeira estase a utilizar cámaras que foron instaladas para o control do tráfico para outros fins pois captaron a imaxe de dúas persoas que participaban nunha liorta, e que ademais foron filtradas aos medios. Os dispositivos utilizados para a vixianza do tráfico non deben ser usados para gravar ós viandantes, por non ser esa a función que teñen encomendada, pois de forma explícita o art. 4 da L.O. 15/99 de Protección de Datos de Carácter Persoal sinala que os datos obxecto de tratamento non poderán usarse para finalidades incompatibles con aquelas para as que os datos tiveran sido recollidos.

Segundo puido saber o MpDC, o sistema de gravación das cámaras enclavadas en Ribeira é continuo en disco duro, con capacidade aproximada para cinco días, ditas gravacións son borradas automáticamente ó regravar novamente sobre elas unha vez agotada a súa capacidade, o que evidencia a súa utilización para outros fins distintos ao control do tráfico. Segundo a Instrucción 1/2006 da Axencia Española de Protección de Datos, a persoa ou entidade que prevé a creación de ficheiros de vídeo vixilancia deberá notificalo previamente a Axencia Española de protección de datos, non obstante, non consta que exista un Rexistro das cámaras instaladas no Concello de Ribeira.

Por todas estas razón, Dereitos Civís recorre agora ante o Contencioso para reclamar a retirada de todas as cámaras instaladas en Ribeira por carecer de autorización e por terse filtrado imaxes tomadas de xeito irregular á prensa, vulnerando os dereitos fundamentais das persoas gravadas.
Texto secundario

0 comentarios:

Publicar un comentario