Os axentes afirmaban que foron agredidos con pedras e botellas, que había axentes feridos e contenedores queimados sin que poideran aportar ningunha proba e sin a comparecencia do suposto ferido.
Dereitos Civís considera especialmente grave que membros dos Corpos de Seguridade promovan xuizos en base a falsos testimonios e preguntará á Inspección de Persoal que medidas pensa tomar contra eses axentes.
Hai que lembrar que o menor dos delitos cometidos por eses axentes é o de perxurio e cabería a presentación de denuncia contra estes por parte dos cidadáns denunciados, extremo que o MpDC anima que se faga.
Os feitos remontanse ao 6 de decembro cando a Policía Nacional de Vigo cargou contra unha concentración que tivo lugar perante a Comisaría desa cidade. A carga que foi absolutamente desproporcionada foi posta en tela de xuizo polo MpDC quen se dirixiu á Delegación do Goberno para saber quen ordenou a carga, en base a que motivos e cales eran os perigos que se pretendían evitar coa mesma.
Lonxe de contestar a eses extremos (feito que o MpDC puxo en coñecemento do Defensor del Pueblo) a representación do Estado en Galiza optou por presentar denuncia contra persoas que exercían o Dereito de Concentración, recoñecido pola Constitución Española, en base a falsedades e co único obxectivo de buscar un escarmento.
O MpDC considera que é hora de que iso cambie e que a Delegación do Goberno explique porque se ordenou cargar e se depure responsabilidades por ese extremo.
“Dereitos Civís” preguntará a Inspección de Persoal que medidas pensa tomar contra antidisturbios que inventaron unha agresión
Written By Virgulino on 9/4/08 | 19:26
Etiquetas:
Actuacións Policiais,
Defensor del Pueblo,
Delegación do Goberno
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
A miña norabóa por esta e outras tantas iniciativas que estades levando a cabo. Moi bo este blog, moi significativas as fotos, e aínda mellor o xornal, que leo sempre que poido.
Non hai ningunha novidade nos falsos testimonios dos policías.
Gracias polo comentario pablo. Onde costumas encontrar o xornal?
Un saúdo.
Garda Civil é máis habitual do que parece atoparse con testemuños falsos ou "adaptados" de axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade. Son institucións que operan de xeito moi corporativista e prefiren ocultar os seus erros e abusos a que se inicie un proceso de investigación para esclarecer as responsabilidades. O que resulta vergonzoso é que pase e ninguén se asuste nin tente botar man do asunto.
Noravóa polo trabolla que estades a facer dende o MpDC.
Do voso xornal so atopei o primeiro número... a ver se podo atopar os que veñan...
unha aperta e moitos folgos!
Ola Shea, onde atopaches o xornal? graciñas.
Publicar un comentario