Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís denunciará unha cámara de videovixiancia ilegal instalada no centro histórico de Lugo

Written By Virgulino on 25/4/08 | 13:54

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia unha cámara de videovixiancia de Lugo que foi instalada sen contar coa autorización da Delegación do Goberno. Aínda que o dispositivo está sinalizado, carece do necesario informe farovable da Comisión de Garantías, que se debe obter previamente á instalación do mesmo e sen o que non é posible obter a autorización.Como vén sendo habitual entre os Concellos galegos, procedese en primeira instancia á colocación das cámaras de seguridade e logo inícianse os trámites para a solicitude dos permisos. Desta vez, a escusa para colocar as videocámaras volve ser a “prevención” das pintadas nas fachadas dos edificios públicos, unha cuestión que en varias ocasións xa se ten demostrado que non resulta efectiva nin para a disuasión nin para a posterior identificación das persoas que realizaron as pintadas.

Segundo se informaba nun medio de comunicación, as cámaras están en pleno funcionamento, pois indicaban que o rexistro das imaxes pasa posteriormente á policía para que poidan “identificar” aos graffiteiros. Segundo a Instrución 1/2006 da Axencia Española de Protección de Datos, a persoa ou entidade que prevé a creación de ficheiros de vídeo vixilancia deberá notificalo previamente a Axencia Española de Protección de Datos, un feito que dende Dereitos Civís cren que aínda non se produciu.

As cámaras de videovixiancia deben ser empregadas con moito tino e atendendo sempre o principio de idoneidade e proporcionalidade, posto que o seu carácter intrusivo fai que sexan especialmente perigosas no que se refire ao respecto aos dereitos fundamentais recollidos no artigo 18 da Constitución española: dereito a intimidade, honra e propia imaxe. Por este motivo, o MpDC denunciará a instalación deste dispositivo no casco histórico de Lugo co obxectivo de que se retire a cámara e se proceda a súa instalación no momento no que cumpra a legalidade vixente.

0 comentarios:

Publicar un comentario