Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A COPE Coruña pide aos seus traballadores que abandonen o edificio da emisora antes de que comece a concentración

Written By Virgulino on 19/4/08 | 9:00

Os responsables da cadea COPE na Coruña animaron aos seus traballadores a rematar as súas tarefas antes do habitual durante a xornada do vindeiro mércores 23, xusto o día no que Dereitos Civís ten convocadas concentracións diante dos edificios da emisora nas sete cidades galegas. Se os traballadores saen antes de tempo, un feito que no mundo do xornalismo viría a ser unha novidade, a empresa evitaría que puidesen asistir ás protestas e escoitar o manifesto dende o propio posto de traballo, co que evitarían ter que dar explicacións ou palabras e comportamentos de reproche de cara ao cadro directivo. Acaso tamén temen que os xornalistas se sumen á concentración e manifesten o seu malestar polo trato dado por Radio Popular tanto a unha compañeira da emisora de Compostela, despedida de xeito improcedente, como a xuíza encargada do caso, que foi denunciada por utilizar e permitir o uso do galego durante o proceso xudicial. Por iso, Dereitos Civís anima aos empregados desta radio a participar activamente nas mobilizacións e demostrar que non están dispostos a tolerar actitudes homófobas e de desprezo cara a nosa lingua nos seu lugar de traballo.

Manifesto

Por outro lado, Víctor Vaqueiro e Carlos Outeiro serán os encargados de dar lectura, nas cidades de Vigo e Ferrol respectivamente, ao manifesto "A Cope quere amordazar a nosa lingua. Non llo imos permitir", que terá lugar ao remate da concentración e no que se dará conta da actuación da emisora e do seu trato cara ao galego.

LEMBRA: CONCENTRACIÓNS O MÉRCORES 23 ÁS 20:00 h. DIANTE DAS EMISORAS DA COPE DAS SETE CIDADES GALEGAS

1 comentarios:

Xan Guindán dijo...

É unha vergoña ve-lo grao de presión que a COPE exerce sobre os seus traballadores. Como estudante de xornalismo entristéceme moito ver cal é o futuro profesional que me espera.É moi importante que acudamos todos a esta concentración convocada polo MPDC, e con máis motivo os que aínda estamos estudando. A ver se os CAF de Ciencias da Comunicación deciden apoiarvos.

Aí queda o meu e-mail para esa camisola duartegaliza@gmail.com

Publicar un comentario