Dereitos Civís anima os galegos e galegas a converterse en “sospeitosos” repartindo 5.000 autocolantes co identificativo GZ

. 27/03/08

Logo de dar a coñecer as actuacións da Garda Civís a respecto dos galegos e galegas que portan simboloxía de carácter nacionalista, tais como bandeiras coa estrela vermella, autocolantes co GZ ou o escudo da Patria deseñado por Castelao, o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) quere anima a toda a sociedade galega a formar parte do grupo de “suxeitos sospeitosos” de pertencer ao Movimento de Liberación Nacional Galego, “o segundo maior problema de terrorismo en España”, coa finalidade de manifestar o seu rexeitamento contra esta actitude criminalizadora e contraria ao dereito. Para levara cabo a súa iniciativa, Dereitos Civís repartirá 5.000 adhesivos co identificativo GZ, que se poderán recoller no local da asociación a partir da próxima semana. Do mesmo xeito, o MpDC anima a todos colectivos e locais sociais que aparecen no listado a sumarse á iniciativa e distribuír entre os seus socios e usuarios autocolantes con simboloxía nacionalista.



Dereitos Civís lembra que a creación de bases de datos paralelas e na que se están incluíndo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delicto é ilegal. Por este motivo agarda que a respota do Goberno galego á pregunta presentada polo deputado do BNG Bieito Lobeira aclare a existencia desta clase de “actividades formativas”, así como se se tiña coñecemento das mesmas ou quen ordenou levar a cabo as xornadas, das que alomenos o MpDC ten constancia que se celebraron en Pontevedra, e con que finalidade se gardan eses datos.

Agregar a:
  • Agregar a Chuza
  • Agregar a Technorati
  • Agregar a Del.icio.us
  • Agregar a DiggIt!
  • Agregar a Yahoo!
  • Agregar a Google
  • Agregar a Meneame

2 comentarios:

Anônimo disse...

http://mpdc.blogspot.com/2008/03/dereitos-civs-anima-os-galegos-e.html

Anônimo disse...

http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/486/1/


 

Polo dereito a vivirmos en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística promove, para o domingo 18 de maio, un día despois da celebración do Día das Letras, unha grande manifestación baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego”, que partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.