Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC pon en marcha un curso sobre especialización para gardas de seguridade

Written By Virgulino on 21/11/07 | 12:22

Esta destinado aos traballadores dos centros de menores e faise en colaboración coa Secretaría Xeral de Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galicia

O Movemento polos Dereitos Civís continúa no seu traballo diario de defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns. É por iso que dende o pasado martes está a colaborar coa Secretaría Xeral do Benestar na realización dun curso de especialización para gardas de seguridade en centros de menores. Haberá dúas quendas para a realización do programa de formación, a primeria dende o 20 até o 22 de novembro e unha segunda dende o 27 e até o 29.

A temática do curso, que se celebra no Centro de Coordinación e Información Xuvenil, na praza do Matadoiro, en Compostela, contará con oito bloques diferenciados, impartidos cada un por un profesor experto na materia. Estas unidades temáticas son: lexislación, pedagoxía, psicoloxía, servicios sociais, intervención en crise, protocolos e sexualidade. Entre os docentes podemos sinalar a Rocío Blanco Leirado avogada do MpDC, Silvia Estévez Villar (subdirectora do centro de menores Monte Fiz) e Juan Manuel Alonso do Servizo de atención á familia da Policía Nacional.

Estes cursos de formación nacen coa idea de informar aos gardas de seguridade que traballan en centros de menores a como actuar ante diferentes acontecementos ou situacións de crise. O MpDC está a traballar para que nos próximos anos este programa adquira xa unha fórmula máis estábel, se ben, na súa primeira edición está acontar cunha gran participación.

0 comentarios:

Publicar un comentario