Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC impugnará a decisión do Concello de Vigo de instalar cámara de videovixiancia

Written By Virgulino on 22/11/07 | 10:16


Non é o Concello de Vigo quen pon as condicións, é a lei e o regulamento de videovixiancia que obriga que as cámaras instaladas na rúa deben ser vixiadas polos corpos e forzas de seguridade


Como se puido comprobar noutras cidades como A Coruña e Santiago, o emprego de dispositivos de control para loitar contra o vandalismo, a movida nocturna ou o botellón non son a mellor opción e na localidade de Valdepeñas acaban de expedientar a cinco policías locais por manipular as cámaras de videovixiancia.

Fai máis de dous anos, a entidade herculina optara por instalar varias cámaras na Praza do Humor, un espazo público que adoita ser empregado polos máis mozos para facer botellón. Desde aquela, o ruído xerado por esta actividade así como os desperfectos ocasionados non se reduciu nada e os veciños aseguran que os dispositivos de videovixilancia amósanse inútiles. Na localidade de Compostela, na praza do Toral, onde hai unha cámara de videovixiancia desde 1999, dous comercio foron asaltados no 2007 sin que os mencionados dispositivos serviran para identificar ou deter aos delincuentes e en Valdepeñas cinco policías locais están imputados pola utilización que facían das cámaras de videovixiancia.

Estes feitos fan que o concello de Vigo estexa caíndo no mesmo erro pensando que por ter máis cámaras haberá maior seguridade e control cando, polo contrario, estarase a vulnerar o dereito á intimidade de moitas persoas que non cometen ningún delito e que queren preservar o dereito á súa propia imaxe.

Esta medida ven sumarse á intención da entidade olívica de instalar tamén 20 cámaras que controlen o tráfico da cidade, medida á que tamén se opón o MpDC por considerala innecesaria e errónea, ademáis de por nas mans de empresas privadas imaxes que logo poden ser filtradas como moitas vistas en internet.

Por outro lado, nos últimos días asistimos a unhas imaxes televisivas onde un mozo agredía brutalmente a unha rapaza nun tren en Barcelona. Pero tamén se recollía como un cidadán arxentino, alleo a estes feitos, saía unha e outra vez na televisión sen cometer ningún delito. O feito de non prestar auxilio a esta rapaza (posiblemente por medo pois ese mesmo día se daba coñecemento da morte dun estudante de dereito por intervir nunha situación similar) fixo que, agora, ese xoven estea ameazado polos seus veciños e sexa motivo de críticas de boa parte da sociedade.

Como se pode apreciar, moitas veces o emprego de cámaras crean máis conflitos dos que solucionan porque o agresor quedou en liberdade e un cidadán totalmente inocente está a ser convertido nunha lacra social polos seus veciños. Esperamos, por todo isto, que o concello de Vigo recapacite e dea atrás nas súas intencións a este respecto.

Por todo isto o MpDC se dirixirá á Delegación do Goberno para interesarse pola solicitude da autorización e presentará alegacións a mesma no caso de que se outorgue.

0 comentarios:

Publicar un comentario